As agricultoras e gandeiras galegas perciben un 40% menos de axudas da PAC que os homes

As agricultoras e gandeiras galegas perciben un 40% menos de axudas da PAC que os homes

Rosa Arcos, presidenta de Fademur Galicia

A Federación de Asociacións de Mulleres Rurais – FADEMUR, celebra este ano o seu encontro anual en Córdoba onde reivindicará o papel protagonista das mulleres na PAC

Catrocentas mulleres procedentes de toda España, daranse cita en Córdoba para conmemorar o Día Internacional das Mulleres Rurais, e sobre todo, pedir un papel protagonista na Política Agraria Común, acorde co papel destacado que teñen no mundo rural.

Neste ano, dende FADEMUR, quere poñerse o acento en que a perspectiva de xénero sigue estando ausente dentro da PAC que conta xa con máis de 50 anos de historia. Por iso a maiores de solicitar unha mellor dotación económica para a mesma, queren lanzar unha mensaxe clara na liña do sinalando pola ONU Mujeres na súa campaña #AhoraeselMomento e que esta apoiando.

Esta campaña, busca promover a autonomía das mulleres rurais, ao contemplalas como o verdadeiro motor do desenvolvemento rural, do avance das comunidades locais e como o elemento imprescindible para o sostemento da agricultura familiar, básicas para garantir a alimentación no mundo.

No territorio europeo soamente o 30% das explotacións agrícolas e gandeiras están son propiedade de mulleres. E que ao longo de todos este anos a PAC tense configurado como un elemento discriminatorio no financiamento das mesmas.

Analizando os datos de reparto das axudas da PAC do ano 2016 (último publicado) dende FADEMUR advirten de que “podemos observar como as mulleres saen  sempre en desvantaxe, conformando as axudas da PAC unha auténtica “fenda salarial rural”.

En Galicia hai máis mulleres perceptoras da PAC que homes pero as súas axudas son inferiores

En España as mulleres representan o 37,3% das persoas perceptoras das axudas directas da PAC. (27.9815 mulleres, fronte a 47.0387 homes), percibindo de media un 36,67% menos cada unha de nós (3.483€ as mulleres, fronte a 5.500€ os homes).

Se falamos dos datos galegos, as mulleres supoñen o 57,6% das persoas perceptoras das axudas directas da PAC. (16.495 mulleres, fronte a 12.147 homes), o que non significa que teñan un diferencial menor, todo o contrario, en Galicia están percibindo de media un 40,53% menos (3.103€ as mulleres, fronte a 5.218€ os homes).

O mesmo ocorre coas axudas para os programas de desenvolvemento rural, no estado o diferencial económico das axudas chega a un 23,66% entre homes e mulleres, e en Galicia o diferencial chega ao 22,1%.

Todo elo pode deixar entrever as características das explotacións onde as galegas son titulares: explotacións máis pequenas, con menos animais, con menos base territorial, e con un claro perfil de explotación familiar.

“Se a principal liña política de actuación que existe no medio rural é a PAC, e as mulleres non atopan espazo dentro dela, dificilmente esta política  vai axudar a propiciar que esas pequenas explotacións familiares, nas que maioritariamente estamos presentas as mulleres, teñan futuro e teñan relevo. Detrás de cada explotación familiar para a que non hai relevo, estamos afondando no avellentamento da poboación do ámbito rural”, advirten dende FADEMUR.

A esta xornada do 11 de outubro, acudirán numerosas institucións ás que se presentarán as demandas e reclamacións en torno a PAC, pero tamén farán entrega dos premios FADEMUR 2018, un dos cales recaerá este ano na cantante Luz Casal por abandeirar unha iniciativa tan visibilizadora do medio rural como o Festiva da Luz de Boimorto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información