Agolada inaugura en setembro a súa feira agrorural

Agolada inaugura en setembro a súa feira agrorural

Presentación da feira en Agolada

O mercado de gandos de Agolada (Pontevedra) acollerá o fin de semana do 14 e 15 de setembro a primeira edición de ExpoFeira Agolada Rural, unha feira de maquinaria agrícola e exposición de animais que nace co obxectivo de pór en valor a actividade agrogandeira do municipio.

Segundo o impulsor da iniciativa, Rafael Méndez, que tamén é gandeiro e presidente de Africor Pontevedra, “neste momento xa están confirmados máis de 30 expositores, entre firmas de maquinaria, tanto da comarca do Deza como do resto de Galicia, gandeiros de Porco Celta, así como as asociacións de razas bovinas autóctonas ou de Galiña de Mos”.

Neste sentido, unha das aspiracións de ExpoFeira Agolada Rural é que en próximas edicións tamén funcione como mercado de compra venda de gando, cumprindo as máximas medidas de control sanitario.

Para os expositores a asistencia é totalmente gratuíta. Os interesados deberán contactar coa organización do evento no teléfono 687 710 702 para reservar o seu espazo.

O público asistente deberá abonar unha entrada simbólica de 1 euro, que a organización destinará nun 50% para apoiar á Banda de Música de Agolada, pola súa repercusión social e musical e por dar a coñecer o municipio nas súas xiras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información