Africor Coruña celebra a súa asemblea xeral

Africor Coruña celebra a súa asemblea xeral

Asemblea de Africor Coruña

Este xoves celebrouse a Asemblea Xeral Ordinaria de Africor Coruña no salón de actos do recinto feiral de Amio, en Santiago de Compostela.

Os gandeiros asistentes puideron coñecer de boca do presidente da asociación, Manuel Antelo Vilariño, o estado actual da asociación, así como o exercicio das contas do ano 2018, cun “balance positivo”, segundo a directiva.

Africor Coruña rematou o 2018 con 937 ganderías socias, cunha media de 86 vacas en muxido, 5 máis que no ano anterior.

Seguidamente á asemblea, os asistentes recibiron unha charla informativa sobre a nova indicación protexida “Vaca e Boi de Galicia”, indicación que inclúe todas as razas de animais bovinos nados e criados en Galicia. A charla foi impartida por parte de Antonio Xende, director Técnico de Ternera Gallega.

Ao término do acto realizouse unha degustación de carne co distintivo Ternera Gallega entre todos os asistentes.

Publicada a memoria 2018

Ademais, este venres foi publicada a memoria de actividades de Africor-Coruña, correspondente a 2018. Esta publicación, será entregada polo controlador, aos socios, no mes de Xullo

Descárgaa aquí 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información