Adxudicadas 5 xovencas por 1.800 euros cada unha en Pedrafita

Adxudicadas 5 xovencas por 1.800 euros cada unha en Pedrafita

Imaxe da poxa de Pedrafita

A poxa de Acruga celebrada esta mañá no mercado gandeiro de Pedrafita do Cebreiro finalizou coa adxudicación de tres das cinco xovencas presentadas á poxa, uns animais que foron adquiridos por gandeiros con explotacións nos municipios de Palas de Rei e de Pedrafita.

A pesar de que se tratou dunha poxa concorrida, só se sacaron nove cartóns de posibles compradores e, finalmente, as reses vendéronse ao prezo de saída, fixado en 1.800 euros, cunha axuda de 200 euros por xovenca, achegada pola entidade Caixa Rural.

O gandeiro local Jesús Ángel Lago Gancedo, que rexenta unha explotación familiar en Pedrafita, adquiriu dous dos tres animais poxados onte, para aumentar a súa explotación, actualmente con 135 cabezas de gando. Jesús Lago explicou ao termo da poxa que coas dúas xovencas adquiridas onte son xa 46 os animais que comprou, procedentes do centro de recría da Granxa Gayoso Castro. A súa gandería contaba nos seus primeiros anos con reses de asturiana e cruzamento, pero nos últimos anos decidiu apostar pola Rubia Galega, polas súas boas características e polos seus excelentes resultados, que lle permiten, dixo, abastecer a carnicerías e a locais de hostalería.

Así, entre outras boas calidades das xovencas de Rubia Galega procedentes do citado centro de recría, Jesus Lago destacou a súa “boa facilidade de parto, o fácil manexo e as excelentes calidades produtoras destes animais”.

Á poxa asistiron o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, o presidente de Acruga, César Dorado, e o alcalde de Pedrafita do Cebreiro, José Luis Raposo, quen emprazou aos gandeiros á seguinte poxa que acollerá este municipio no mes de setembro.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información