A adquisición da planta de Meira por Covap faise efectiva en xaneiro do 2019

A cooperativa andaluza operará en Galicia baixo a súa filial Naturleite. O acordo garante o mantemento de relacións con proveedores, postos de traballo e a continuidade do envasado da marca Hacendado para Mercadona

A adquisición da planta de Meira por Covap faise efectiva en xaneiro do 2019

Planta láctea de Meira adquirida por Covap.

Leche Celta e Covap veñen de difundir un comunicado conxunto para facer pública a operación que trascendeu na tarde noite de onte, a adquisición da planta de Meira (Lugo), de Leche Celta, por parte da cooperativa andaluza Covap. A operación, que terá efectos a partir de xaneiro do 2019, está supeditada á aprobación da Comisión Nacional de los Mercados y de la Competencia. O acordo de compra venda garante a continuidade dos postos de traballo e o mantemento das relacións cos gandeiros proveedores de leite.

A intención de Covap, que operará en Galicia baixo o nome da súa filial Naturleite, pasa por proseguir coa actual liña de traballo da planta, que se adica por completo a envasar a marca Hacendado para Mercadona. Covap xa era interproveedora de Mercadona a través da súa planta en Cataluña, que lle mercou no 2016 á cooperativa vasca Iparlat, e a través da súa planta en León, Lactiber, xestionada conxuntamente con Iparlat. Coa adquisición da planta de Meira, a sociedade andaluza fortalece a súa posición como suministradora principal de leite envasado para Mercadona.

A planta de Meira, ata agora propiedade de Leche Celta, filial da cooperativa portuguesa Lactogal, estivo traballando durante os últimos anos con 250 gandeiros proveedores e con materia prima exclusivamente galega, segundo detalla a nota de prensa. Covap compromete que manterá esa liña, envasando leite só 100% galego.

A planta que Covap lle merca a Celta conta cunhas instalacións de 12.000 metros cadrados e ten unha capacidade de produción total de 150 millóns de litros de leite envasado ó ano. As instalacións contan con sistemas avanzados de xestión certificados e operan con elevados estándares de xestión medioambiental, segundo se indica na nota de prensa.

Covap
Covap é unha cooperativa gandeira de primeiro grao (Cooperativa del Valle de los Pedroches), con sede central en Pozoblanco (Córdoba). Conta con varios miles de socios, non só de Andalucía, senón tamén de Extremadura e Castilla La Mancha. A cooperativa controla toda a cadea alimentaria, desde ó suministro de pensos á recollida e procesado das producións lácteas e cárnicas dos seus socios.

A plantilla da cooperativa era de 708 persoas no 2017, ano no que acadou unha facturación total de 441 millóns de euros, cuns investimentos de 8,1 millóns. Covap é interproveedor de Mercadona desde o ano 2005.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información