A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

“Adaptamos os programas de alimentación para aves aos obxectivos concretos dos nosos clientes”

Entrevista a Elena Fernández, responsable de formulación e avicultura en Evialis Galicia

“Adaptamos os programas de alimentación para aves aos obxectivos concretos dos nosos clientes”

Elena Fernández, responsable de formulación e avicultura en Evialis Galicia

Elena Fernández incorporouse ao equipo de Evialis Galicia en xullo de 2017 como veterinaria responsable de formulación e tamén da rama de avicultura, dentro do Departamento Técnico e Comercial. Nesta entrevista, pon en valor os programas de alimentación específicos e á carta que a empresa dirixe ao ámbito avícola, así como a súa potente rede de distribución por todo o territorio galego.

De que gamas dispoñen en Evialis Galicia para avicultura?
En canto a avicultura industrial dispomos de programas de alimentación para os distintos tipos de producións. Así, en avicultura de carne temos gamas de alimentación para broilers; cría, recría e produción de reprodutoras e recría de polos para venda a distribución. En avicultura de posta posuímos gamas de cría e recría de polas e plan de posta. E, en avicultura alternativa, posuímos producións certificadas, gamas para crecementos lentos e alimentos para estirpes diferenciadas.

En canto a avicultura de distribución, temos pensos para polos e galiñas. Ademais nesta canle temos unha gama premium moi consolidada: Tradición Rural. Tamén dispomos da mestura MTC, unha mestura a base de cereais, que é o noso produto estrela para esta canle (dirixida a un determinado nicho de clientes que demandan produtos naturais).

Teñen un programa de alimentación específico? Que singulariza e diferencia a formulación dos seus produtos para aves?
Temos un programa de alimentación específico para cada tipo de produción. Neste sentido, adaptamos os nosos produtos a cada etapa do crecemento. Tamén contamos con programas de alimentación á carta para clientes industriais, adaptados ás súas necesidades dependendo do tipo de mercado ao que se dirixen e das súas necesidades.

A calidade das materias primas coas que elaboramos os nosos pensos está avalada por un laboratorio propio que fai análise a todas e cada unha delas. Tamén, os controis de calidade están presentes en todo o proceso de fabricación para asegurar a trazabilidad do produto.

“Estamos presentes en todos os ámbitos da avicultura industrial”

En que ámbito dentro deste subsector teñen máis clientes?
Estamos presentes en todos os ámbitos da avicultura industrial: carne, posta, recría e producións alternativas (crecementos lentos, estirpes diferenciadas, cinexéticas—-). Quizais onde máis presenza teñamos ou onde máis destaquemos sexa dentro da avicultura de posta e nos produtos de distribución.

Cales son os resultados dos seus produtos para avicultura de distribución nas distintas canles de venda?
Os nosos produtos para avicultura de distribución están avalados por unha rede de distribución con máis de 100 puntos de venda no mercado galego. Ofrecemos solucións ás diferentes necesidades dos nosos clientes tanto en formatos como en presentacións: faragullas, fariña, gran….

“Desde Evialis Galicia contribuímos a optimizar o benestar animal”

Como veterinaria e técnico comercial vostede está moi en contacto cos produtores. ¿Que demandas lle trasladan os seus clientes en relación ao futuro da avicultura industrial?
Os nosos clientes buscan ser eficientes na elaboración dos seus produtos e conseguir unha diferenciación no seu mercado para poder competir, polo que adaptamos os programas de alimentación en base aos seus obxectivos concretos. Axudámoslles a optimizar o manexo e instalacións, os custos de produción/resultados produtivos (ganancia de peso diaria, conformación corporal, rendemento de canle, índice de conversión, etc.) e contribuímos a optimizar o benestar animal.

Ao seu xuízo, ¿a que retos concreto enfróntanse os criadores de aves?
Entre os retos máis importantes aos que se enfrontan están o de racionalizar o uso de antibióticos, procurar dar un valor engadido aos seus produtos e mellorar as canles de comunicación co consumidor final.

“Colaboramos coa USC en proxectos de I+D sobre calidade sanitaria dos pensos”

Previron algunha innovación concreta en canto a produto en alimentación avícola?
Colaboramos coa USC en proxectos de I+D sobre calidade sanitaria dos pensos. Neste sentido, estamos a desenvolver estratexias en alimentación para a eliminación de antibióticos nos pensos e mellorar a calidade tanto do ovo como da carne.

Evialis Galicia dedica un enorme esforzo ao desenvolvemento de novos elementos (programas de nutrición, premix, aditivos, materias primas…) con tecnoloxía propia desenvolvida na nosa rede de centros de investigación e laboratorios de todo o mundo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *