Acusan a Hacienda de perseguir aos produtores que fixeron cesións de dereitos da PAC

Acusan a Hacienda de perseguir aos produtores que fixeron cesións de dereitos da PAC

O sindicato Unións Agrarias denuncia o que considera “campaña indiscriminada do Ministerio de Hacienda de requerimentos fiscais que está ditando contra as explotacións gandeiras galegas”.

Esta acción sen precedentes, vai dirixida a tódolos produtores que fixeran cesións de dereitos do pago único da PAC, “a pesar de que estas accións no tiveran carácter oneroso ao non existir transvase de diñeiro”.

Unións lamenta que o Ministerio, a través da Delegación Especial de Galicia da Agencia Tributaria, “non tivera realizado unha discriminación entre os casos nos que se realizaran transmisións nas que exista un intercambio económico das cesións sen carácter dinerario, en moitos casos de pais a fillos”.

“O Ministerio trata aos gandeiros como defraudadores preventivos”

“Deste xeito a oficina do fisco está obrigando aos produtores a realizar tramitacións, desprazamentos e perdas de tempo, por non ter feito un traballo de selección, abrindo unha causa xeral contra a actividade económica no sector primario”, denuncian dende o sindicato.

Ante esta situación, Unións acaba de solicitar unha reunión urxente co conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, para transmitirlle o malestar dos gandeiros polo trato de “defraudadores preventivos” que se lles aplica desde o Ministerio de Hacienda. Do mesmo xeito, insta a Xunta de Galicia a que faga as xestións pertinentes diante do Goberno para que cese esta campaña de acoso.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información