Actualizadas as fotos das parcelas no Sigpac

Este organismo recomenda que se verifique se os seus recintos sufriron algunha modificación para poder tramitar a solicitude de axudas da PAC

Actualizadas as fotos das parcelas no Sigpac

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) actualizou ao 31 de xaneiro deste ano a foto fixa ou caché do Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas (Sigpac) que serve de referencia para tramitar a solicitude única de axudas da Política Agrícola Común (PAC) na campaña 2016. O FEGA recomenda aos agricultores e gandeiros que verifiquen se as súas parcelas sufriron algunha modificación.

Na súa páxina web, o FEGA explica que esta nova versión da caché de campaña 2016 inclúe varias actualizacións respecto da publicación do pasado 1 de febreiro. Este organismo recomenda aos agricultores que xa presentasen a súa solicitude que verifiquen se os seus recintos sufriron algunha modificación. No caso de que o SIGPAC non reflicta a situación real das parcelas e se observa que os seus recintos non están correctamente delimitados ou se cambiou o uso dalgún recinto, o produtor notificarao á Administración a través da oportuna alegación e modifiquen a súa declaración de superficies antes do 31 de maio. Un recinto incorrectamente delimitado pode dar lugar a unha redución das axudas solicitadas, especialmente se inclúe elementos que non son subvencionables.

O FEGA tamén acaba de publicar novas fichas de información do contido das capas que se poden consultar a través do Visor do Sigpac como axuda á presentación de solicitudes por superficie de PAC

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información