Actos de Monterrei na celebración do Día do Viño D.O.

O Consello Regulador organiza unha cata e un brinde colectivo para o próximo sábado 11 de maio. En Galicia tamén participan do evento as denominacións de Rías Baixas, Ribeiro e Ribeira Sacra

Publicidade
Actos de Monterrei na celebración do Día do Viño D.O.

O Movemento Día do Viño D.O., que agrupa a 27 denominacións de orixe españolas, celebra o sábado 11 de maio un brinde colectivo co que se quere poñer en valor o viño de denominación de orixe e achegalo á sociedade, en especial ó público novo. Este é o terceiro ano no que se celebra o evento, no que participará a Denominación de Orixe Monterrei.

Para a celebración do Día do Viño D.O., o Consello Regulador de Monterrei programou para o próximo sábado 11 unha cata dirixida pola sumiller e experta en enoturismo Mercedes González. Será o sábado 11 en Verín e precísase inscripción previa, pois a actividade está destinada a un máximo de 20 persoas. Pódese facer a inscripción no e-mail info (arroba) domonterrei.com ou no teléfono 988 590 007.

Unha segunda actividade programada para o sábado é o brinde colectivo con viño da denominación, ó que asistirá a súa presidenta, Lara da Silva. O Día do Viño D.O. quere promover o consumo responsable do viño de calidade e destacar o papel dos viticultores e das adegas como elemento vertebrador do medio rural.

A celebración do evento utilizará en toda España o hashtag #DíaMovimientoVinoDO. Participarán un total de 27 denominacións de orixe: Almansa, Arlanza, Binissalem, Bullas, Calatayud, Catalunya, Cigales, Condado de Huelva, Jumilla, La Mancha, Lanzarote, León, Monterrei, Montilla-Moriles, Navarra, Pla i Llevant, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro, Rioja, Tacoronte-Acentejo, Toro, Uclés, Valdepeñas, Valencia, Vinos de Madrid y Yecla.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información