Acruga poxará cinco xovencas preñadas este domingo en Boimorto

Acruga poxará cinco xovencas preñadas este domingo en Boimorto

Poxa de Acruga

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga) segue adiante co seu calendario de poxas e este fin de semana trasladarase ata Boimorto, para participar na quinta edición de Magreco, a Feira de Maquinaria Agrícola e Produtos Ecolóxicos, que se celebra en Boimorto, e que inclúe entre o seu programa a poxa de cinco xovencas preñadas, seleccionadas por Acruga.

O prezo de saída fixouse en 1.800 euros, aínda que os gandeiros que adquiran algunha destas xovencas contarán coa axuda da entidade Caixa Rural, que achega 200 euros pola compra de cada animal. Aínda que a poxa terá lugar ás 12.00 horas do domingo día 26, os animais chegarán ao recinto da feira este sábado.

Os interesados en adquirir algún dos animais que Acruga leva a esta poxa poderán retirar os seus cartóns media hora antes da poxa, no recinto habilitado na contorna do Colexio Público e do Campo do Rosario, onde se celebra a feira.

Como xa é habitual nas poxas organizadas por Acruga, as xovencas proceden do rabaño de elite da granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo. “Esta circunstancia garante as boas características morfolóxicas, xenéticas, produtoras e reprodutoras destes animais, polo trátase de xovencas moi apreciadas polos gandeiros de raza rubia galega”, destacan desde Acruga.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información