Acruga envía este ano a Brasil 110.000 doses de Rubia Galega

A distribuidora de Brasil GMG pecha estes días en Acruga o envío de 110.000 doses seminais de Rubia galega para este ano . En breve exportaranse as 45.000 doses das 102.000 adquiridas en 2016 para cruzamento industrial con Nelore, a raza predominante en Brasil

Acruga envía este ano a Brasil 110.000 doses de Rubia Galega

Touro de Rubia Galega nunha poxa de Acruga

A exportación de doses seminales de raza Rubia Galega para destinalas ao cruzamento industrial con Nelore en Brasil é unha das políticas de expansión da raza que se desenvolve desde a Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga) desde hai máis de 15 anos.

A demanda de seme de Rubia para cruzamento con Nelore, a raza predominante en Brasil, vai en aumento cada ano, tal e como explica o director comercial da distribuidora brasileira GMG, Eduardo Gomez Grandal, quen estes días atópase en Lugo para pechar con Acruga o envío de 110.000 doses ao longo deste 2017.

Durante os próximos días, Gomez Grandal seleccionará cos veterinarios de Acruga os touros con mellor xenética e calidades produtoras para adquirir as doses de seme destinadas ao cruzamento industrial con Nelore. Ademais, desde Acruga exportaranse en breve as 45.000 doses que completan as 102.000 adquiridas no convenio para 2016.

Eduardo Gomez sinala que “cada ano demandamos máis doses de seme para cruzamento industrial con Nelore, porque os resultados son moi positivos, xa que melloramos o rendemento da canle nun 58% ou 60%, e o rendemento de despezamento nun 82%. Ademais, diminuímos a idade de sacrificio, que na raza nelore é aos 36 meses, rebaixando a media de sacrificio en 20 meses, xa que sacrificamos os tenreiros aos 10 meses e os xatos aos 16”.

Fai fincapé nos bos resultados obtidos co cruzamento industrial de ambas as razas, un cruzamento que precisou de anos de estudos e probas en laboratorio para garantir eses resultados. De feito, sinala que “desde 2000 ata 2004 realizamos os estudos e probas necesarias para determinar como se comporta esta raza, e non foi ata o 2005 cando iniciamos o programa de distribución da carne coa cadea Pão de Acúcar”.

Actualmente esta compañía, pertencente ao grupo francés Casino, é unha das maiores cadeas de supermercados do país, e distribúe carne procedente do cruzamento de nelore e Rubia en 400 das súas tendas. De feito, Gomez Grandal explica que “o 100 por 100 da produción vai destinada á cadea Pan de Azucar”. A demanda foi en aumento, xa que en 2005 importáronse unhas 30.000 doses de seme de raza Rubia, mentres que para este 2017 Acruga exportará o maior pedido que ata a data se fixo a Brasil, con 110.000 dose.
Brasil, un país con máis de 208 millóns de cabezas de gando e con predominio da Nelore, é desde hai anos uno dos principais mercados de exportación para Acruga.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información