Acruga celebrará os seus 50 anos cunha festa o 16 de novembro

O Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo acollerá unha xornada cun programa de actividades dirixido ós gandeiros e gandeiras da asociación

Acruga celebrará os seus 50 anos cunha festa o 16 de novembro

As ganderías de Acruga celebrarán o 50 aniversario da asociación en Lugo.

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga) cumpre este ano 50 anos, polo que o colectivo decidiu celebralo cunha festa, que se desenvolverá o 16 de novembro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. A xornada incluirá actividades como exhibición de gando, entrega de distincións e música en directo.

O acto central da celebración será un xantar con participación de gandeiros e autoridades. O presidente de Acruga, César Dorado, destaca que o obxectivo da festa pasa por lembrar a historia da asociación, “en especial das persoas que foron claves tanto para Acruga como para a mellora da raza, como Ricardo Pérez Rosón, primeiro presidente desde a fundación ata o 2005, ou Luciano Sánchez, veterinario asesor de Acruga durante décadas”.

No marco do programa de actividades do 16 de novembro, desenvolverase tamén un sorteo de material agrícola entre os gandeiros e gandeiras asistentes.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información