A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

“Acadamos un nivel xenético elite e é o momento de acompañalo cunha recría excelente”

Os técnicos de De Heus explican as claves e os resultados do Plan Kaliber de recría de xovencas, que cumpre dous anos

“Acadamos un nivel xenético elite e é o momento de acompañalo cunha recría excelente”

O plan Kaliber de recría de xovencas está a cumprir tres anos anos. Os datos produtivos das primeiras novelas son excelentes. Tras dous anos de traballo, desde o encostrado ao parto, o equipo técnico de De Heus celebra os resultados obtidos nas primeiras explotacións en adherirse ao programa.

Neste sentido, Silvia Álvarez, Veterinaria Especialista en Primeiras idades De Heus, explica en qué consiste Kaliber e os logros que permite acadar na recría.

O programa Kaliber é un protocolo de traballo que inclúe tanto un esquema alimentario personalizado como o asesoramento e monitorización por parte de De Heus durante todo o proceso de recría. O deseño dun bo plan de alimentación require como primeiro paso unha auditoría da recría da explotación para coñecer os seus obxectivos e puntos críticos de control. Os técnicos de De Heus ofrecen os seus servizos en granxa tanto para revisar a consecución dos obxectivos de crecemento como para o control dos puntos críticos en cada fase da recría.

A recría dunha xata comeza coa fase de secado da súa nai. A alimentación, confort e protocolos vacinais da vaca seca determinan a calidade do costro. Un bo manexo de parideira é fundamental para o control de enfermidades infecciosas na recría.

Os técnicos de De Heus ofrecen os seus servizos en granxa para mellorar a recría

Os técnicos de De Heus deseñan unha curva de lactación propia para cada explotación coa aplicación Kaliber Selector. O tipo, cantidade e concentración de leite programarase en función da xenética das becerras, encostrado, estado sanitario e aloxamento.

Nas visitas de seguimento dos técnicos monitorízase o peso dos animais, calidade da auga, calibración de nodrizas, presenza de biofilm, consumos de concentrado, calidade de aire, temperatura de administración, nesting score ou escala brix de costros, entre outras cuestións.

Kaliber Lacto Premium está a demostrar resultados excelentes na recría

Á hora de seleccionar o leite axeitado é importante ter en conta como é o manexo na explotación. As nodrizas automáticas cada vez están máis presentes en campo, a temperatura de disolución nesta rolda o corenta graos e o tempo de preparación dunha ración o cinco segundos. Por isto é fundamental que non só o perfil nutricional do leite sexa o axeitado para as tenreiras senón tamén que a calidade das materias primas sexa excelente. As graxas deben emulsionar nesas condicións e ser altamente dixestibles. A dixestibilidade da proteína presente no lactorreemprazante é vital. É un erro administrar produtos cunha porcentaxe de proteína alto pero de baixo valor biolóxico e pouco asimilable polas tenreiras. O leite Kaliber Lacto Premium está a demostrar resultados excelentes.

Na fase de lactación o obxectivo é conseguir maximizar a ganancia media diaria, conséguense crecementos moi eficientes xa que o índice de conversión nesta fase é maior. Ademais, débese preparar ás tenreiras para afrontar un dos principais puntos críticos na recría de xovencas: o destete. O consumo temperán de Kaliber Starter e de forraxe de boa calidade fomenta que desenvolvan cedo das papilas ruminais. A inxesta de dous kg de Kaliber Starter ao destete garante que as tenreiras superen con éxito esta fase.

A futura xovenca Kaliber debe manter durante toda a recría o seu carácter leiteiro. É tan importante monitorizar o peso dos animais como asegurar que a condición corporal mantense en torno ao 2,5. Unha tenreira engraxada non será unha boa vaca de primeiro parto. Unha vez superado o destete o plan Kaliber desenvólvese coa introdución da gama Kaliber Junior; con varias referencias formuladas para ofrecer non só un crecemento con maior saúde se non tamén respectar a conformación leiteira das nosas xovencas. Durante esta fase os técnicos de De Heus chequean que a estrutura das tenreiras sexa a adecuada, con bo desenvolvemento muscular, costelas amplas e ben definidas e liña dorsal marcada.

Acadamos un nivel xenético elite e é o momento de acompañalo cunha recría excelente

A medida que a tenreira vai medrando a súa inxesta diaria de materia seca aumenta. O consumo de forraxe é maior na puberdade; Kaliber Junior ofrece solucións nutricionais adaptadas ao tipo de forraxe presente en cada explotación, co obxectivo de optimizar a medra e conseguir bos resultados en fertilidade.

Durante a fase de xestación a xovenca debe cubrir as necesidades de crecemento do seu tenreiro e ademais afrontar os cambios hormonais propios do parto. Unha novela Kaliber, sa e ben desenvolvida, está preparada para abordar o preparto e superar con éxito o período de transición. Todo o programa de recría Kaliber enfócase en conseguir que esta xovenca teña un peso de 570 kg post parto aos 24 meses; o que supón un aforro nas explotacións non só por acurtar a idade media ao parto se non tamén por mellorar o rendemento produtivo da primeira lactación.

Alcanzamos un nivel xenético elite e é o momento de acompañalo cunha recría excelente.

Máis información sobre Kaliber aquí

DE HEUS VETERINARIA 1
Silvia Álvarez, Veterinaria Especialista en Primeiras idades De Heus

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *