A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Abonos Entec®, unha ferramenta para mellorar a produtividade e calidade en millo

Este fertilizante, comercializado por Progando, destaca pola súa estabilidade, de xeito que non se producen perdas por lavado. Unha única aplicación de Entec® aumenta o rendemento da colleita, en comparación cun abono convencional aplicado de forma fraccionada

Abonos Entec®, unha ferramenta para mellorar a produtividade e calidade en millo

Campo de millo fertilizado con Entec. / Imaxes: Eurochem.

A multinacional EuroChem produce e distribúe os abonos Entec® desde a súa fábrica de Amberes. O produto é transportado a granel en barco desde Amberes ata os portos da Coruña e Santander, desde onde se traslada ás instalacións de Progando (Galicia). Isto permite que Entec® poida comercializarse a granel, en big bag de 600 quilos e en sacos de 40 quilos.

A tecnoloxía Entec® baséase na inhibición da actividade das bacterias nitrificantes do solo, que degradan o nitróxeno facilitando a súa perda por lavado

Os produtos ENTEC® destacan por ser fertilizantes estabilizados, o que permite a dispoñibilidade inmediata de todos os nutrientes tras a súa aplicación, ao contrario que os fertilizantes de liberación lenta. Ademais, trátase de abonos complexos, o que garante que cada gran de abono contén todos os nutrientes declarados, e sen nitróxeno ureico, altamente contaminante polas perdas de amoníaco por volatilización e lavado de nitratos dos chans agrícolas. É por todo isto que Entec® contribúe a unha nutrición máis equilibrada e eficaz nos diferentes cultivos.

A tecnoloxía Entec® baséase na inhibición da actividade das bacterias nitrificantes (Nitrosomonas) do chan, que transforman o nitróxeno amoniacal en nitrato. Entec® estabiliza o nitróxeno en forma amoniacal no solo, atrasando a súa oxidación a nitrato e reducindo así as perdas de nitróxeno ao medio ambiente, ben sexa en forma de emisións de óxidos de nitróxeno á atmosfera ou ben sexa por lavado de nitratos.

Os ensaios co fertilizante contrastaron a mellora da produtividade.

Os ensaios co fertilizante contrastaron a mellora da produtividade.

A redución das perdas de N comporta un menor risco de contaminación de augas á vez que aumenta a dispoñibilidade de nitróxeno para os cultivos. Ademais, o seu uso permite realizar unha fertilización nitrogenada de acordo coas normativas medio ambientais vixentes, especialmente con aquelas referentes ás zonas vulnerables á contaminación por nitratos. Como resultado da súa maior eficiencia, Entec® permite unha redución da dose de fertilización nitroxenada e unha redución das pasadas de abonado, sen que a produción final se vexa reducida.

Durante os últimos 19 anos, a tecnoloxía Entec® foi avaliada por universidades e centros de investigación de renome internacional, avalando o seu uso en praderías, millo, pataca e outros cultivos extensivos. Froito destas colaboracións, comprobouse que os abonos Entec® incrementan o rendemento en millo cunha única aplicación antes da sementeira ou unha vez que o millo está sementado, en comparación con abonos convencionais aplicados de maneira fraccionada.

Un cultivo de millo abonado con Entec® en sementeira disporá de nitróxeno ata a colleita, en setembro – outubro

Así, un cultivo de millo abonado con Entec® en sementeira (xeralmente no mes de maio) disporá de nitróxeno ata o momento da colleita (setembro-outubro).

O uso de Entec® levou a novos manexos de fertilización en cultivos extensivos. Os beneficios debidos a unha única aplicación de fertilizante son diversos. Por unha banda redúcense os custos económicos, ao reducir o número de abonados e o pisado do chan e do cultivo polo paso da maquinaria, e por outra banda o agricultor dispón dun maior período de tempo para a aplicación dos fertilizantes. En resumo, Entec® é unha tecnoloxía para a fertilización medioambientalmente sustentable e que facilita os labores dos agricultores.

En termos de calidade, os abonos Entec® presentan a mellor calidade de materias primas NPK, unha granulometría homoxénea e carente de po. Ademais o feito de que non se utilice urea na súa formulación (inestable en formúla, almacenaxe e campo), fai máis fácil o seu almacenamentos e manexo, especialmente, nas sembradoras provistas de localizadores de abono.

Tampouco se debe esquecer que os produtos Entec® conteñen fósforo 100% asimilable polas plantas, procedente das minas que EuroChem posúe na península de Kola (Norte de Europa), e libre de metais pesados, especialmente Cadmio, elemento que ten efectos graves sobre a saúde humana. Isto diferencia os produtos Entec® dos abonos doutros fabricantes, que utilizan sobre todo roca fosfórica proveniente do Magreb e rica en Cadmio.

Pradeira de raigrás abonada con Entec.

Pradeira de raigrás abonada con Entec.

Formulacións

Entec® presenta diferentes formulacións, en función do equilibrio que necesita cada cultivo.

Entec® 15-13-13 (nitróxeno, fósforo, potasa): orientado a praderías permanentes, pasteiros.

Entec® 24-8-7: enfocado ao cultivo de millo. De todas as fórmulas, esta é a máis vendida.

Entec® 20-10-10: utilízase bastante en raigrás, mesmo nalgunha pradería.

Entec® 25-15-0: trátase dun abono que non achega potasa e está enfocado a aquelas leiras ou parcelas con altos niveis no chan de potasa e con achegas de xurro.

Entec® 13-10-20: ao contrario do anterior, ten alto contido en potasa dirixido a aqueles cultivos que a requiren, por exemplo a pataca.

Desde Progando, orientamos ao cliente na elección da fórmula que máis se adapte ás súas necesidades. Para iso, dispoñemos dun servizo de analíticas de terra. En función das carencias ou excesos que mostren as analíticas e das necesidades do cultivo, recoméndase a fórmula que mellor se adapte ás necesidades do cliente.

Non debemos esquecer que o pH do chan xoga un papel importante e considerando a natureza aceda dos solos na nosa zona, en moitas ocasións é recomendable realizar achegas de emendas calcarias para corrixir a acidez e así obter a máxima eficiencia do abonado.

Ao contrario que outros fabricantes, que seguen comercializando abonos con tecnoloxías obsoletas, os abonos Entec® non pararon de evolucionar desde a súa creación na década dos noventa. Tras a comercialización do primeiro inhibidor da nitrificación baixo a marca Basammon®, desenvolveuse o produto para pasar a usar o actual inhibidor da nitrificación Entec®, mellorando a súa eficiencia e rendemento.

raigras primeiro plano estandar entec

A investigación no desenvolvemento e mellora do produto non cesou e no 2019 incluiranse novas melloras no fertilizante Entec®. Estas melloras implican un paso adiante na fertilización, mellorando a produción, a calidade e sobre todo, o respecto ao medio ambiente.

Tendo en conta a calidade e cantidade de forraxe e de millo que se consegue coa utilización dos abonos Entec®, podemos dicir que ofrecemos un produto altamente competitivo, garantindo bos resultados e sobre todo un alto grao de satisfacción por parte do cliente.

En resumo, os fertilizantes Entec® caracterízanse pola máxima calidade dos seus compoñentes, altos estándares na granulación e o máximo respeto polo medio ambiente, co único obxectivo de satisfacer as demandas dos nosos clientes, que cada vez presentan unha maior profesionalización das explotacións, requirindo unha maior especialización en fertilización para a obtención de mellores colleitas e unha eficiente relación calidade-prezo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *