Aberto o prazo para solicitar autorizacións de plantación de viñedo

Publicidade
Aberto o prazo para solicitar autorizacións de plantación de viñedo

Plantación de novo viñedo en Valdeorras

O Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente abriu este luns o prazo para solicitar ante a administración correspondente -neste caso a Xunta de Galicia- a concesión de autorizacións de plantación de novo viñedo destino á venda de uva ou viño. O último día para a presentación de solicitudes será o 28 de febreiro.

Para poder solicitar estas axudas, os demandantes tiveron que realizar algún tipo de actividade agropecuaria os últimos cinco anos, ou, no seu lugar, demostrar que asistiron a 30 horas de formación agrícola por cada ano no que non estivesen activos. Tamén deberán xustificar que son os propietarios dos terreos onde queren realiza a plantación, ou que posúen un contrato de aluguer do terreo dunha duración mínima de cinco anos.

Solen solicitarse o dobre das hectáreas que se autorizan

Neste sentido, dende a Asociación Agraria de Galicia agardan que “a Consellería do Medio Rural faga públicas na primeira quincena de febreiro a convocatoria de axudas para a reestructuración de viñedos”.

O Ministerio limitou para 2018 o crecemento de novas plantacións nas denominacións espa­ñolas ao 0,52% da superficie actualmente plantada de viña, o que supón manter o mesmo ritmo de crecemento que na campaña pasada. E é que o regulamento permite limitar o crecemento da superficie de viña a zonas que poidan optar á produción de viños con denominacións de orixe protexida “cando haxa un risco claramente demostrado de desvalorización significativa da mesma”.

Isto fai que a demanda de plantación sexa superior á oferta. Sirva como exemplo que no ano 2016 en Galicia presentáronse solicitudes para plantar 152 ha de viñedo pero a Xunta autorizou 74 hectáreas de novas plantacións.

Unha vez presentadas as solicitudes, a Consellería enviarallas ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, quen posteriormente remitirá ás comunidades autónomas, non máis tarde do 1 de xullo, as solicitudes para as cales se poderán conceder autorizacións e a superficie pola cal se poderá conceder a autorización. As comunidades autónomas, entre elas a Xunta, deberán resolver as solicitudes e notificar as autorizacións concedidas aos solicitantes antes do 1 de agosto. Deste xeito, as novas plantacións autorizadas realizaranse para finais deste ano ou comezos de 2019.

Consulta aquí toda a información sobre a documentación e o procedemento para solicitar novas plantacións de viñedo.

Resumo sobre como funcionan as autorizacións de plantación de viñedo en España: 

AUTORIZACIONS_PLANTACION_VIÑEDO

O Ministerio atrasou a publicación debido a discrepancias internas na DOP Cava

A normativa establece que cada ano o Ministerio de Agricultura fixará a máis tardar o 15 de decembro a superficie que se pode conceder para autorizacións para novas plantacións, resolver as solicitudes das DOP de aplicar limitacións ás novas plantacións e restricións ás solicitudes de autorizacións de replantación e de conversión de dereitos de plantación. Esta superficie de novas plantacións deberá ser como máximo do 1% a nivel nacional da superficie plantada de viñedo a 31 de xuño do ano anterior.

Sen embargo, o Ministerio ampliou en 10 días hábiles o prazo de resolución debido ás discrepancias dentro da Denominación de Orixe Protexida Cav a -presente en 7 Comunidades Autónomas- sobre as autorizacións para novas plantacións, sobre todo fóra de Cataluña, que concentra o 95% da superficie deste viño.

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información