A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

“Abastecemos a máis de 40 explotacións de porco celta en Galicia”

“Abastecemos a máis de 40 explotacións de  porco celta en Galicia”

Laura Arias-Delegada Técnico-Comercial en Evialis

Laura Arias, licenciada en Veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela, incorporouse ao equipo de Evialis Galicia en xaneiro de 2017. Desde entón desenvolveu o seu labor como técnica no departamento comercial da empresa, en estreito contacto cos criadores de porcino galegos e, en especial, coas granxas de porco celta.

Nesta entrevista, detalla o programa de alimentación específico que Evialis desenvolveu para esta raza.

Que produtos comercializa Evialis para o sector porcino e cales son os seus valores diferenciais?
Temos unha liña industrial adaptada ás necesidades deste tipo de explotacións, unha liña denominada Hara para venda en distribución e unha liña deseñada especificamente para as necesidades da raza porco celta.

“En colaboración con Asoporcel, creamos unha gama de alimentación específica para porco celta”

A cantas explotacións de porco celta abastecen en total desde Evialis Galicia?
Abastecemos a máis de 40 explotacións de porco celta, todas elas integradas na Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta ( Asoporcel). Desenvolvemos unha gama de produtos para a alimentación desta raza en colaboración coa asociación, a partir das necesidades que eles nos foron transmitindo e apoiándonos, en todo momento, nos datos dos resultados que eles nos achegaron.

Por tanto, unicamente vendemos estes produtos a criadores dados de alta na asociación.

De que modo cobren os seus produtos as necesidades destes criadores?
En colaboración con Asoporcel, desde Evialis Galicia desenvolvemos tres mesturas de cereais adaptadas ás necesidades das diversas etapas de crecemento do porco.

Ademais, acabamos de engadir á gama dous produtos máis: un starter para animais recentemente nados e unha mestura única para fornecer ao longo de toda a vida do animal. Xunto aos produtos desenvolvidos, ofrecemos aos socios de Asoporcel a posibilidade de elaborar mesturas específicas para as súas explotacións.

Trátase de dar aos animais suplementos, a base de produtos naturais, para conseguir un correcto desenvolvemento e canles de gran calidade.

Finalmente, proporcionamos aos membros de Asoporcel o asesoramento nutricional que necesiten e colaboramos con eles ofrecéndolles un programa de formación adaptado ás súas demandas.

En que consiste especificamente o programa de alimentación específico para porco celta?
Son mesturas de cereais que pretenden cubrir as necesidades da raza nas tres etapas de crecemento dos animais. Primeiramente, a través dunha mestura de iniciación para animais de ata catro meses de idade, seguido dunha mestura de transición entre os catro e os oito meses para, finalmente, ofrecer unha mestura de finalización na última etapa do cebo.

Xunto a isto, acabamos de poñer en marcha un starter, que usamos en animais de pouca idade, naqueles casos nos que a camada sexa numerosa ou se dea circunstancia de que a porca nai achegue pouco leite aos animais, e tamén un cebo único pensado para aquelas explotacións de tamaño moi reducido nas que non exista separación de animais por idades.

“Grazas ao traballo de Asoporcel, o porco celta goza dunha crecente aceptación entre os consumidores”

Como valoran desde Evialis Galicia o traballo da Asociación de Criadores de Gando Porcino Celta, Asoporcel?
Consideramos que nos últimos anos Asoporcel está a levar a cabo un excelente traballo tanto a nivel de recuperación da raza como de posta en valor dunha actividade como é a cría de porco celta, que se está convertendo nunha saída para moitos mozos no ámbito agrogandeiro.

Grazas ao traballo da asociación, o porco celta goza dunha crecente aceptación entre os consumidores. Deste xeito, está a converterse nun produto con máis demanda que oferta, o que favorece a rendibilidade das explotacións e fomenta o seu crecemento.

Cerda de raza Porco Celta con sus crías

Porca de raza Porco Celta cas súas crías

Cales son os resultados dos produtos da gama de Evialis destinada a porco celta?
Cando comezamos a traballar con Asoporcel buscabamos suplementar a alimentación dos animais con mesturas adaptadas ás necesidades da raza e aos distintos tipos de explotacións. O noso obxectivo era sacar ao mercado gamas para canles o máis uniformes posibles, a pesar das condicións especificas de cada criador, mantendo en todo momento as características diferenciadoras desta raza.

Actualmente estamos moi satisfeitos cos resultados, conseguimos a uniformidade buscada, así como o grao de engraxamento e as características organolépticas esperadas.

Cales son as principais sensibilidades e consideracións que lles trasladan os criadores de porco celta?
Como no caso de calquera produtor, buscan explotacións rendibles, combinando neste caso a recuperación dunha raza e o aproveitamento de recursos naturais. O seu obxectivo é conseguir produtos de calidade, con custos asumibles, grazas ás características diferenciais que achega a raza e ao manexo que fan dos animais.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *