A Xunta destina este ano 20 millóns para fomentar o pastoreo e a gandería extensiva en zonas con limitacións

A Xunta destina este ano 20 millóns para fomentar o pastoreo e a gandería extensiva en zonas con limitacións

Ángelez Vázquez nunha gandería de Cachena en Entrimo

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, visitou este venres no concello ourensán de Entrimo unha explotación bovina de raza Cachena, para coñecer de primeira man os problemas das granxas ubicadas na alta montaña. Alí, a conselleira destacou que, para favorecer o pastoreo e a gandaría extensiva en zonas con limitacións naturais, a Xunta destina este ano un total de 20 millóns de euros.

Estas achegas, sinalou, están enmarcadas no Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia e veñen a substituír as coñecidas como indemnizacións compensatorias. A novidade principal deste ano, salientou a titular de Medio Rural, é que non hai carga gandeira máxima que as condicione, o cal permitirá acceder a elas a moitas explotacións que antes non podían, por ter unha carga gandeira superior a 2 UGM/ha, especialmente do sector lácteo.

Ángeles Vázquez destacou que estas axudas teñen un destacado importe por hectárea, xa que con elas se pretende indemnizar aos agricultores e gandeiros que viven en determinadas zonas desfavorecidas para compensar os factores naturais que inciden negativamente no rendemento das súas explotacións. Este ano a contía total incrementouse nun 80%, pasando dos 11,1 millóns de euros dos últimos anos aos 20 desta convocatoria.

Explotación de raza Cachena

A conselleira, acompañada pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, e a delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz, coñeceron as instalacións da explotación de María Hortensia Alonso Alonso. Esta granxa bovina conta con 72 animais de máis de 24 meses, 19 de 6 a 24 meses e 24 animais de menos de 6 meses.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información