A Xunta convoca as axudas por sacrificio obrigatorio de animais

O prazo de presentación de solicitudes será ata o vindeiro 30 de novembro de 2016

Publicidade
A Xunta convoca as axudas por sacrificio obrigatorio de animais

Administración convocante: Xunta de Galicia: Consellería do Medio Rural

Enlace axuda:

Prazo: Ata 30/11/2016

Resumo:

A Consellería do Medio Rural destina 800.000 euros a axudas para a concesión de indemnizacións polo sacrificio obrigatorio de animais en execución de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades dos mesmos para o ano 2016, segundo publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG).

Os beneficiarios destas achegas serán os titulares de explotacións gandeiras correctamente rexistradas na Comunidade Autónoma de Galicia. Serán propietarios de animais e/ou produtos que foron sacrificados/mortos e/ou destruídos de forma obrigatoria por orde da Consellería (autoridade competente en sanidade animal) e por mor da aplicación de programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades animais.

Para ter dereito ás indemnizacións é imprescindible cumprir a normativa en vigor sobre sanidade animal, identificación animal, movemento pecuario, benestar e alimentación animal. Tamén é de obrigado cumprimento estar ao día dos programas nacionais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades dos animais; que as explotacións gandeiras estean correctamente rexistradas; e que sexa efectivo o sacrificio obrigatorio dos animais, ordenado pola autoridade sanitaria competente.

Prazo de solicitudes e resolución

A tramitación do procedemento de concesión das indemnizacións establecidas nesta orde, levarase a cabo durante todo o exercicio orzamentario do ano 2016. O prazo de presentación das solicitudes será desde mañá -día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia- ata o día 30 de novembro de 2016, incluíndo ambas as dúas datas no cómputo do prazo.

Os órganos xestores tramitarán durante o ano 2016, ademais das indemnizacións correspondentes a ese ano, todas as indemnizacións que quedasen pendentes do ano 2015. Neste último caso, as persoas interesadas deberán presentar unha única solicitude para a tramitación de todas as indemnizacións pendentes e que non foran xa solicitadas durante o ano 2015.

Porén, no caso de que a solicitude de indemnización de animais sacrificados no ano 2015 xa fora presentada en dito ano e ocorrera que non se puidera tramitar nel, terase en conta directamente no procedemento de concesión de indemnizacións para o ano 2016, sen necesidade de que as persoas interesadas presenten un novo formulario de solicitude para elas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *