A Xunta convoca as axudas para os xuros dos plans de mellora

A Consellería calcula que uns 1.100 titulares de explotacións lácteas poderán beneficiarse das axudas.

Publicidade
A Xunta convoca as axudas para os xuros dos plans de mellora

Administración convocante: Consellería do Medio Rural e do Mar

Enlace axuda: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151002/AnuncioG0165-240915-0006_gl.html

Prazo: Ata 02/11/2015

Resumo:

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ORDE do 24 de setembro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a moratoria dos préstamos vinculados coa mellora de explotacións e incorporación das persoas mozas á actividade agraria, e se convocan para o ano 2015.

En concreto, estas axudas da Consellería do Medio Rural e do Mar son para pagar os xuros que correspondan ata dous anos de carencia na amortización dos préstamos vinculados coa mellora de explotacións e incorporación das persoas mozas á actividade agraria, concedidos con base nas convocatorias desde o ano 2007 ata o ano 2015, ambos inclusive.  A Consellería calcula que uns 1.100 titulares de explotacións lácteas poderán beneficiarse das axudas.

As solicitudes presentaranse nas entidades financeiras

A solicitude de subvención presentarase no mesmo documento en que se solicite a carencia na entidade financeira en que se formalizou o préstamo. Posteriormente, a entidade comunicaralle á Consellería do Medio Rural e do Mar a relación de solicitudes presentadas, con indicación das carencias aceptadas.

Prazo de presentación dun mes

O prazo de presentación das solicitudes de axuda será dun mes desde a publicación da orde. É dicir, ata o 2 de novembro.

A Consellería do Medio Rural e do Mar transferirá ás entidades financeiras os importes correspondentes ao financiamento destas axudas unha vez que estas presenten a correspondente liquidación, no marco do establecido nos referidos convenios de colaboración.

O orzamento da Xunta para estas axudas é para o ano 2015, e cen mil euros (100.000), para o ano 2016 o importe do orzamento é de catrocentos mil euros (400.000), e para o ano 2017 por un importe de cincocentos mil euros (500.000).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *