A Xunta celebra o Día Internacional do Leite

A conselleira do Medio Rural participou nunha xornada de celebración con rapaces do CEIP O Grupo, en Ribeira. Ángeles Vázquez animou aos meniños a que consuman este alimento, entregándolles minibricks de leite Galega 100%

A Xunta celebra o Día Internacional do Leite

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, participou esta mañá no CEIP O Grupo de Ribeira na xornada de celebración do Día Internacional do Leite, coa intención de promover o consumo deste alimento básico entre os máis pequenos.

Acompañada pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, a conselleira trasladoulle aos nenos e nenas a importancia de comer san e variado todos os días, co obxectivo de contar cunha dieta equilibrada e incluír no menú un produto tan importante como é o leite. Para incidir así no consumo de lácteos, Ángeles Vázquez repartiu varios cartóns de leite “Galega 100%”, co obxecto de poñer en valor este produto entre os máis pequenos.

Durante este xornada, os máis pequenos tamén puideron escoitar os consellos do investigador Carlos Spuch Calvar e as súas explicacións sobre as bondades do consumo de leite. Para amenizar a mañá, o mago Dani Polo realizou diversos trucos de maxia co produto estrela do día, deixando abraiados aos máis cativos.

Día Internacional do Leite

O Día Internacional do Leite celébrase o 1 de xuño desde fai 15 anos, así o estableceu a Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) co propósito de incentivar o consumo de produtos lácteos en todo o mundo.

O obxectivo principal é ensinar á poboación mundial os beneficios que este alimento aporta ao ser humano. Para elo, realízanse diversas actividades, entre as que se atopan o reparto de racións de leite entre os cidadáns, charlas divulgativas e excursións a fábricas de leite para coñecer o proceso de transformación e envasado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información