A venda de maquinaria agrícola nova cae en Galicia e sobe en España

No conxunto de España, as vendas de maquinaria agrícola nova entre xaneiro e xuño de 2015 medraron un 4,4%, mentres que en Galicia caeron un 18,2%.

A venda de maquinaria agrícola nova cae en Galicia e sobe en España

As vendas de maquinaria agrícola baixaron un 18,18% en Galicia entre xaneiro e xuño de 2015 respecto ao mesmo período do ano anterior, ao pasar dende 1.364 unidades a 1.116 unidades vendidas, segundo a inscrición de maquinaria do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medioambiente.

Dentro destes datos xerais, a venda de tractores novos caeu un 18,21%, ao pasar de 346 unidades vendidas na Comunidade no primeiro semestre de 2014 ás 283 no mesmo período de 2015.

En canto aos datos de xuño, mostran unha evolución máis negativa, xa que o total da maquinaria agrícola nova vendida caeu un 25,10% e un 41,43% no caso dos tractores.

Autor: MAGRAMA

Autor: MAGRAMA

Mellor comportamento no conxunto de España

No conxunto de España o comportamento, con ser negativo, foi mellor que en Galicia, xa que as vendas de tractores baixaron un 2,11% entre xaneiro e xuño de 2015 respecto ao mesmo período do ano anterior, ao pasar dende 4.688 a 4.589 unidades vendidas.

En canto ás vendas de tractores relativas ao mes de xuño (952 unidades), a porcentaxe foi positivo, do 3,48%, se se comparan coas vendas relativas a xuño de 2014 (920 unidades). En total, o número de máquinas agrícolas vendidas no primeiro semestre do exercicio estableceuse en 15.895 unidades, fronte ás 15.226, do mesmo período de 2014, o que supón un incremento do 4,39%.

As marcas de tractores máis comercializadas en xuño foron “New Holland” (199), “John Deere” (187 unidades), “Case IH” (96 unidades), Massey Ferguson (59), “Kubota” (56) e “Same” (41).

Descarga aquí o informe completo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información