A Unión Europea ten que importar o 70% da proteína vexetal

Pontevedra acollerá do 5 ao 7 de maio o simposio internacional baixo o lema “Proteínas vexetais para o futuro”, co intención de promover estes cultivos para a alimentación humana e animal.

Publicidade
A Unión Europea ten que importar o 70% da proteína vexetal

Presentación do simposio en rolda de prensa.

A Unión Europea é, xunto con China, a rexión do mundo máis dependente da importación de proteína vexetal, tanto para a alimentación humana como animal. Até o 70% da proteína vexetal tense que importar, ante o abandono deste cultivo nas últimas décadas nos países europeos.

Estes datos expuxéronse esta mañá durante a presentación en Santiago de Compostela do Simposio internacional  de Cultivos Proteicos que se celebrará en Pontevedra do 5 ao 7 de maio.

O simposio está organizado polo Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), pola Asociación Española de Leguminosas (AEL) e pola European Association for Research on Plant Breeding (EUCARPIA). Ao encontro está previsto que acudan máis de 120 expertos científicos en cultivos proteicos procedentes de 30 países que exporán os últimos avances científicos relacionados con este tipo de cultivos entre os que se inclúen a soia, o cacahuete, as xudías ou os chícharos, así como outros menos coñecidos como a quinoa, o amaranto ou os altramuces.

Os cultivos proteicos axudan a loitar contra o quecemento global e melloran a seguridade alimentaria

O profesor do CISC e coordinador científico do simposio, Antonio de Ron Pedreira, lembrou durante a rolda de prensa que “Europa padece un déficit de cultivos proteicos debido ao seu abandono durante os últimos anos, e é por iso que a Unión Europea está a potenciar a investigación neste campo (….) co fin de incrementar o cultivo e a produción”.

Ademais, De Ron tamén salientou que “ademais de estar ligados a unha dieta proteica saudable para o ser humano, estes cultivos fixan nitróxeno no chan, o que limita o uso de adubos químicos e reduce a emisión de gases de efecto invernadoiro”.

Canda Antonio De Ron Pedreria, participaron na presentación deste simposio o coordinador institucional do CSIC en Galicia, Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, e o catedrático da USC, Ángel Carracedo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información