A UE publica as novas regras para autorizar plantacións de viñedo

As novas autorizacións non poderán superar o 1% anual da superficie vitícola de cada Estado. Trátase da aplicación da reforma da PAC que liberaliza as plantacións de viñedo.

Publicidade
A UE publica as novas regras para autorizar plantacións de viñedo

Viña agromando.

A Comisión Europea ven de publicar as novas normas europeas para un sistema de autorización para plantacións de viñedo, que permitirán ampliar as zonas vitivinícolas da UE, dentro duns límites anuais fixados. Tal como se acordou no 2013 no marco da reforma da Política Agrícola Común, o novo réxime aplicarase dende o 1 de xaneiro de 2016, substituíndo ao actual réxime transitorio de dereitos de plantación.

O Comisario europeo de Agricultura e Desenvolvemento Rural Phil Hogan declarou: “O novo sistema ofrece flexibilidade para o sector vitivinícola europeo para ampliar gradualmente a súa produción, en resposta á crecente demanda mundial. Ao mesmo tempo, os Estados membros poden aplicar unha ampla gama de medidas para facer fronte a posibles riscos sociais e ambientais en zonas vinícolas específicas”.

As regras tamén aclaran como se pasará do sistema actual ao novo esquema e como os dereitos de plantación actualmente válidos se poden converter en novas autorizacións.

As novas autorizacións non poderán superar o 1% anual da superficie vitícola de cada Estado

As normas publicadas establecen un conxunto de disposicións que obtiveron o acordo unánime tanto dos Estados membros coma do Parlamento Europeo. Confirman como deben xestionar os Estados membros (a nivel nacional) o réxime de autorizacións de plantación gratuítas e intransferibles.

Así mesmo, definen o mecanismo de salvagarda para novas plantacións: as autorizacións non poderán representar un aumento de máis do 1% anual da superficie vitícola dos Estados membros, se ben estes -cando estea debidamente xustificado- poderán aplicar limitacións nacionais ou rexionais ou en zonas con indicación xeográfica ou sen ela. Por outro lado, as normas aclaran a transición do sistema actual ao novo réxime e explican o procedemento para converter os dereitos de plantación válidos en autorizacións. Os dereitos procedentes de reservas non concedidos a produtores para o 31 de decembro de 2015 extinguiranse a partir desa data.

Podes descargar as novas normas establecidas pola Comisión Europea para os estados nesta ligazón. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información