A UE propón que cada Estado decida vetar os alimentos e pensos transxénicos no seu territorio

Un penso ou alimento transxénico autorizado na Unión Europea podería ser prohibido ou de uso restrinxido nun Estado. Máis do 60% da proteína para consumo animal da UE procede de países que autorizan os OMX.

A UE propón que cada Estado decida vetar os alimentos e pensos transxénicos no seu territorio

O millo OMG é un dos cultivos máis extendidos.

Ante o debate social e as diferenzas na opinión pública dos países da Unión Europea en torno aos Organismos Modificados Xenéticamente(OMX) a Comisión Europea quere que sexan os Estados membros os teñan a última palabra. Así, se en marzo de 2015 o Consello e o Parlamento acordaron unha modificación do marco xurídico dos OMX co fin de permitir aos Estados membros restrinxir ou prohibir o cultivo de OMX autorizados, agora a Comisión quere ampliar esta solución aos alimentos e os pensos modificados xenéticamente.

En concreto, a Comisión propón modificar o Regulamento sobre alimentos e pensos modificados xenericamente co fin de permitir que os Estados membros adopten decisións nacionais polas que se restrinxa ou prohiba o uso de OMX en alimentos ou pensos, unha vez que foron autorizados a nivel da UE (medidas de exclusión voluntaria).

Esixencias aos Estados que deciden prohibir os OMX

Os Estados membros deberán xustificar que as súas medidas de exclusión voluntaria son compatibles co Dereito da UE e os principios de proporcionalidade e non discriminación entre produtos nacionais e non nacionais.

Non obstante, non están autorizados a utilizar xustificacións que entren en conflito coa avaliación dos riscos para a saúde humana e animal e o medio levada a cabo pola Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA), que é a autoridade europea competente na materia.

De feito, a proposta non debe alterar o nivel uniforme de seguridade garantido pola avaliación a escala da UE. Ademais, en caso de que se descubran novas probas de que o produto podería formular un grave risco para a saúde ou o medio, o marco xurídico da UE xa contén disposicións que permiten aos Estados membros prohibir un alimento ou un penso modificado xenéticamente á espera de que a UE examine a situación.

Estas medidas deberán comunicarse á Comisión e aos demais Estados membros antes da súa adopción, e a Comisión e os demais Estados membros terán noventa días para presentar as súas observacións, se é o caso.

Nos casos en que un alimento ou un penso modificado xenéticamente xa se estea a usar no momento en que un Estado membro adopte unha medida de exclusión voluntaria, a proposta prevé que debe concederse aos operadores un período razoable de tempo para esgotar as existencias deste produto. Por outra parte, as medidas non deberán ter por obxecto produtos nos que se descubra a presenza accidental de OMG autorizados na UE por debaixo do albor de etiquetaxe establecida na lexislación.

Esta proposta enviarase ao Parlamento Europeo e ao Consello, así como ao Comité Económico e Social Europeo e ao Comité das Rexións, que a examinarán no marco do procedemento lexislativo ordinario.

Máis do 60% da proteína para alimentación animal que importa a UE procede de países que autorizan os OMX

Ata a data, hai cincuenta e oito alimentos e pensos modificados xenéticamente que están autorizados na UE.

O número de produtos alimentarios modificados xenéticamente que pode realmente encontrarse nos comercios é limitado. Isto pode ser consecuencia dos requisitos de etiquetaxe para os alimentos MX e da dispoñibilidade de alternativas que non foron modificadas xenéticamente.

A situación é diferente no que respecta ao sector dos pensos modificados xenéticamente. Na UE existe un importante mercado para os pensos modificados xenéticamente: máis do 60% das necesidades de proteínas vexetais da UE para o gando vacún cóbrense mediante importacións de soia e fariña de soia procedentes de terceiros países nos que o cultivo de OMX está moi estendido.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información