A Organización de Productores de Leche mobilizarase despois das eleccións

A Organización de Productores de Leche mobilizarase despois das eleccións

Concentración da OPL esta primavera en Santiago

O presidente da Organización de Productores de Leche (OPL), Manuel Agra, dirixiuse á Administración para explicar por qué a organización decidiu non participar nas mobilizacións convocadas para estes días, previos ás eleccións.c

A OPL aclara que “sairá á rúa despois do día 20 de decembro, cando demostrará que as manifestacións convocadas para antes das eleccións presidenciais, estaban dirixidas políticamente”
En concreto, explican que a súa postura de non participar en ningún acto reivindicativo durante a presente campaña electoral “é cun claro obxectivo de separar o dereito tan xusto a protestar polos seus intereses económicos, como fixo durante o pasado verán, dos intereses políticos que se moven en período electoral”.

“As manifestacións previas ás eleccións están dirixidas políticamente”

En todo caso, dende a OPL amosan o seu “descontento coas Administracións central e autonómica por non imprimir un ritmo adecuado para que o acordo de Madrid se materializase en algo positivo para os prezos percibidos polos gandeiros”.

Neste sentido, a organización denuncia que “a situación segue sendo dramática e que non son suficientes unhas meras declaracións, sobre que melloraron lixeiramente os prezos ou sobre que os gandeiros recibiron unhas determinadas axudas, para acougar o seu malestar”.ç

Por último, a OPL solicita unha entrevista con representantes da Administración, “o máis axiña posible, para ser informados dos avances para estabilizar o sector lácteo”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información