A OPL distribuirá mil litros de leite este xoves en Santiago

O acto forma parte dunha protesta que se desenvolve a nivel europeo en demanda de cambios nas políticas lácteas da UE. O reparto farase ás 12 horas na Alameda

A OPL distribuirá mil litros de leite este xoves en Santiago

Os gandeiros xa distribuiran leite de xeito gratuito durante as recentes tractoradas.

A Organización de Productores de Leche (OPL) fará mañá un reparto gratuito de leite entre a cidadanía de Santiago a partir das 12 horas na Alameda, no entorno da Porta Faxeira. O acto programouse no marco dun día europeo de protestas gandeiras convocado pola European Milk Board (EMB), unha confederación de asociacións de produtores na que participa a OPL. Con este acto, a organización quere chamar a atención sobre a necesidade de cambios nas políticas lácteas europeas.

A OPL secunda a demanda da European Milk Board de políticas que promovan a reducción das entregas de leite en caso de crises. Tamén se demanda unha mellora dos prezos de intervención do leite en po, actualmente en niveis moi baixos, o que inviabiliza esta ferramenta para frear as caídas de prezos.

Desde a Organización de Productores de Leche chaman a atención ademais sobre a falta de resultados inmediatos do acordo lácteo. Este venres está prevista unha reunión da Plataforma do Sector Lácteo de Galicia para estudar a situación e valorar posibles mobilizacións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información