A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

A empresa lucense Califica S.L ofrece o curso online de fitosanitarios

A empresa lucense Califica S.L ofrece o curso online de fitosanitarios

Califica Formación, empresa lucense autorizada e homologada pola Xunta de Galicia, imparte formación especializada no eido agrario, con especial incidencia na produción ecolóxica, pero atendendo igualmente outros ámbitos, como por exemplo, manipulador de alimentos, agricultura, gandería, ou benestar animal, e os cursos homologados de aplicador de produtos fitosanitarios.

Impártense e organízanse os cursos para asociacións, cooperativas, entidades públicas e privadas, e grupos de persoas individuais. Estes cursos poden realizarse por calquera das dúas modalidades: presencial ou mixta (ou semipresencial, cunha parte online e outra parte presencial).

En canto a curso homologado de aplicador de produtos fitosanitarios semipresencial (online), Califica está entre as poucas entidades que ofrecen esta posibilidade a día de hoxe. Trátase dunha modalidade que ten un gran interese para moitos alumnos, xa que reducir ao máximo os desprazamentos aos locais de formación clásica, e a posibilidade de repartir o tempo para ler e estudar a documentación, e realizar os test obrigatorios de xeito acorde ó tempo do que dispón diariamente cada alumno, é unha gran vantaxe. Con todo, os cursos, ao estar homologados, esixen unha formación de 27 horas, das que 16 horas son de teoría que se realiza a través dunha plataforma web, 6 horas son de prácticas en aula, e 3 horas de práctica en campo. As restantes 2 horas son as dispoñibles para realizar o exame presencial.

Superando o exame, que consiste nun cuestionario de 20-30 preguntas, dos que terán que ter unha puntuación mínima do 50%, os alumnos obterán o carné que precisan para adquirir e aplicar os produtos fitosanitarios admitidos no nivel básico.

O curso semipresencial comeza o 8 de xuño

O custo da modalidade semipresencial é de 80 €, que inclúe as taxas e tramitación do carné. A vindeira edición deste curso terá lugar en Lugo, a partires do 8 de xuño, para o que sería preciso apuntarse ata este luns 30 de maio. Posteriormente celebraranse outras edicións en Lugo e outras localidades.

Hai que destacar a importancia de que este curso non só é un simple requisito para obter o carné, senón que evita erros que derivan en problemas para a saúde das persoas, da flora e da fauna, e incluso para aqueles profesionais que o precisen, permítelles aplicar os produtos dun xeito eficaz e rendible.

Pódese consultar o catálogo de cursos online en http://tienda.calificaformacion.es/. Esta modalidade online precisa de acceso á web http://plataforma.calificaformacion.es, accesible mediante un ordenador ou tablet.

No caso dos cursos presenciais ou mixtos, os temas son os mesmos que online e incluso contan con máis cursos, dependendo a área temática das necesidades dos promotores dos cursos. Os cursos que ten dispoñibles Califica SL están destinados a alumnos de distintos niveis, tanto profesionais como interesados ou aficionados aos temas dos cursos. No caso dos de menos duración son os orientados aos interesados, e a teoría amósase de maneira interactiva na plataforma online. Exemplos: compostaxe doméstico, macetas e mesas de cultivo en hortos urbanos ecolóxicos, cultivo de plantas aromáticas e medicinais, etc.

Os de máis duración teñen un contido máis clásico e extenso, para adquirir unha formación completa, contan con documentación e contidos accesibles dende a plataforma. Dentro destes cursos, diferéncianse os cursos Básicos y Avanzados. Un curso avanzado non supón a continuación da súa versión básica, senón que se trata do mesmo temario, pero máis completo e ampliado. Exemplos: agricultura ecolóxica, gandería ecolóxica, castañicultura ecolóxica etc.

Para aquelas empresas que o precisen, os cursos cumpren cos requisitos necesarios para ser bonificados a través da Fundación Tripartita, e é Califica Formación quen se encarga da xestión burocrática e a consulta do crédito bonificable dispoñible.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *