A DO Ribeiro finaliza a vendima con 14,2 millóns de kilos e unha calidade “inmellorable”

Publicidade
A DO Ribeiro finaliza a vendima con 14,2 millóns de kilos e unha calidade “inmellorable”

Uva da varieadade Treixadura entrando na adega

Os resultados preliminares da vendima 2015 na Denominación de Orixe Ribeiro revelan unha colleita de 14,27 millóns de quilos de uva, dunha calidade que, para os técnicos da DO, “é inmellorable” debido ás boas condicións climatolóxicas. En canto á cantidade, é superior aos 11,7 millóns de quilos vendimados en 2014, un ano cunha colleita anormalmente baixa.

As variedades autóctonas, especialmente a Treixadura, vanse impoñendo na DO Ribeiro e xa representan o 55% da colleita -7,79 millóns de quilos- fronte ao 45% das variedades autorizadas, que suman 6,48 millóns de quilos.

En total, a vendima deste ano finaliza no Ribeiro con 5.800 viticultores inscritos na DO, 113 adegas e 2.350 hectáreas, algo por baixo das 2.685 rexistradas no Consello Regulador hai unha década.

RIBEIRO_vendima_2015_VARIEDADES

“Unha colleita preto da perfección”

Para Pablo Vidal, director técnico da DO Ribeiro, “os datos técnicos desta vendima indícannos que podería ser unha das mellores dos últimos anos”.

E é que á boa climatoloxía da primavera, e o verán seco e asollado, completáronse cun mes de setembro con temperaturas máis suaves e algunha precipitación. “A uva está moi sa, o que permitiu recollela sen présa, esperando ao momento óptimo de maduración”, asegura Pablo Vidal.

“Nesta colleita todos os parámetros medibles e a intuición que a experiencia achega lévannos a pensar que nos atopamos preto da perfección”, conclúe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información