A DO. Monterrei recibe a acreditación ENAC

Convértese así no primeira D.O vitivinícola da provincia de Ourense, e na segunda das galegas (tras Rías Baixas), en obter esta acreditación

Publicidade
A DO. Monterrei recibe a acreditación ENAC

A Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) acaba de acreditar á Denominación de Orixe Monterrei segundo a norma UNE-NISO/IEC 17065, para a certificación dos seus viños.

Deste xeito, Monterrei convértese na primeira das denominacións vitivinícolas da provincia de Ourense, e na segunda das galegas (tras Rías Baixas), en obter esta acreditación; un requisito imprescindible imposto pola Comisión Europea, que implicará unha maior profesionalización das súas adegas.

Deste xeito, a D.O de Monterrei pasa a ser a 27ª entidade acreditada en España por ENAC para a certificación de viños protexidos. Coa consecución desta acreditación cúmprese un dos obxectivos fixados para a D.O. de Monterrei por Asunción Rodríguez Zarraquiños, que asumiu a presidencia da entidade a finais do pasado mes de xuño. En opinión da máxima responsable da denominación, coa certificación ENAC, a D.O. de Monterrei experimenta un “salto cualitativo transcendental”.

Neste sentido, segundo destaca Rodríguez Zarraquiños, “a certificación de ENAC é moi relevante posto que permitirá que o consumidor final posúa a fiabilidade absoluta de que detrás de cada botella de Monterrei existe un control estrito de calidade”. Así, segundo detallou a máxima responsable da D.O. Monterrei, o organismo que preside pasará a realizar labores auditoras e non meramente de inspección posto que “poderá certificar aos viños que ampara”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información