A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

A D.O. Ribeiro grava o seu anuncio para este Nadal

Sairán representadas máis de 50 adegas e realízase no Hotel Eurostars Mosteiro de San Clodio

A D.O. Ribeiro grava o seu anuncio para este Nadal

Membros da D.O. Ribeiro en San Clodio

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro puxo en marcha a gravación do anuncio que promocionará a D.O. e as súas adegas e viños. A iniciativa reúne a máis de 50 representantes desta D.O. coa idea de potenciar en conxunto este territorio, as súas adegas, as súas características orográficas diferenciais así como os seus viños de variedades autóctonas, da máis alta calidade.

Adegas e colleiteiros do Ribeiro reuníronse esta mañá no Mosteiro de San Clodio, berce das variedades autóctonas desta zona, hoxe Hotel Monumento da Cadea Eurostars, para gravar o anuncio do Nadal, co fío común de potenciar toda a Denominación de Orixe e felicitar estas datas.

Os elaboradores representados uníronse nunha soa toma, para festexar que a D.O. Ribeiro é forte e valente, mostrando ao mundo “Ribeiro é o mellor!!

A campaña poderá seguirse na páxina web www.movimientoribeiro.com.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *