A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

A cooperativa O Val prepárase para a apertura dunha tenda Mercarural

Sen poder confirmar aínda as datas de apertura pero co foco de atención posto no verán, a nova superficie de vendas da cooperativa alcanzará os 1.400 m2.

A cooperativa O Val prepárase para a apertura dunha tenda Mercarural

A cooperativa O Val, de Narón, leva dúas semanas formando a todo o seu persoal en técnicas de Visual-merchandising a 28 persoas, co fin de capacitar e preparar adecuadamente aos seus empregados de cara a unha próxima remodelación do espazo comercial da cooperativa que ampliará as súas instalacións e adaptaraas á imaxe de marca Mercarural, da man de Delagro S. Coop.

Divididos en dous grupos, a segunda quenda dará por finalizada mañá esta actividade formativa, impartida por especialistas cualificados, ao tanto das últimas tendencias en marketing.

A aprendizaxe inclúe, ademais de técnicas de venda, cuestións relacionadas coa disposición e reposición de produtos, o seu correcto aprovisionamento, análise da competencia, estratexias puntuais, etc.

Sen poder confirmar aínda as datas de apertura pero co foco de atención posto no verán, a nova superficie de vendas da cooperativa alcanzará os 1.400 m2. Un espazo no que terán cabida produtos agrarios (roupa e calzado de traballo, sementes, produtos fitosanitarios e zoosanitarios, material de hixiene e muxido etc.) e tamén unha gran zona destinada a alimentación.

A nova imaxe da tenda adaptarase, por completo, aos parámetros establecidos pola marca Mercarural, ensina que está dotando ás tendas do ámbito rural dunha personalidade diferenciada e alto nivel de profesionalización, seguindo criterios estéticos e marketing avanzado.

14 tendas integradas en Mercarural

O Val converterase así na decimocuarta tenda integrada en Mercarural, desde que en 2011 comezase a realización de implantacións. Ata o momento xa son oito as entidades de Asturias e Galicia que formalizaron a transformación e o número de peticións segue aumentando.

Mercarural é propiedade da cooperativa de segundo grao, Delagro S. Coop., entidade que integra cooperativas de Asturias, Cantabria e Galicia. Fortemente asentada como central de compras, conta cunha potente estrutura departamental en alimentación e produción vexetal e animal, automoción, fertilizantes, combustibles, etc., á vez que estende a súa actividade ao área de asesoramento e marketing entre outras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *