A colleita 2014 da D.O Monterrei recibe a cualificación de “moi boa”

Publicidade
A colleita 2014 da D.O Monterrei recibe a cualificación de “moi boa”

Cata dos viños de Monterrei.

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei ven de celebrar a Cata de Cualificación da Colleita 2014. Nesta cata, participou unha representación das principais asociacións profesionais do sector, así como algúns dos membros do Panel Oficial da Denominación de Orixe Monterrei, que cualificaron como “moi bo” a anada 2014 dos viños de Monterrei.

En total, 19 viños, 13 de viño branco e 6 de viño tinto, sometéronse ao xuízo do comité para valorar a presente colleita, no que supón unha mostra representativa dos viños que se elaboran na denominación, mantendo ademais nesta cata as proporcións reais de referencias brancas fronte a tintas da colleita en 2014.

Deste xeito, as mostras sometéronse á análise de cada un dos catadores, que realizaron unha valoración “a cegas” de todas elas, para manter así criterios de obxetividade ao tratarse de mostras anónimas.

A nota final para a presente colleita resultou da media das puntuaciones concedidas por cada catador a cada unha das mostras, incluíndo neste cálculo tanto as referencias de viños brancos como de tintos. Finalmente, esta puntuación trasládase a unha táboa de correspondencias onde se obtén a cualificación de colleita.

Integrantes do panel de cata

Un total de dez catadores conformaron o equipo que examinou os viños. Seis delas pertencen ao panel de cata do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei, e os catro restantes á Asociación Galega de Enólogos, a Asociación de Sumilleres de Galicia “Gallaecia”, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) e á Asociación Galega de Catadores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información