Gandeiros galegos envasarán coas marcas Deleite e Muuu

Un grupo de explotacións constituiu Leite Noso, a sociedade que se fixo coas marcas de Alimentos Lácteos. A empresa pechou un acordo de suministro coa organización de produtores Ulega

Gandeiros galegos envasarán coas marcas Deleite e Muuu

Deleite é unha marca que chegou a acadar gran relevancia no mercado galego.

As marcas Deleite e Muuu, principal capital que atesoraba o fallido proxecto de Alimentos Lácteos, son agora propiedade directa dun grupo de gandeiros galegos que se constituiron en Sociedade Limitada (SL) baixo o nome de Leite Noso. A sociedade fíxose onte coas marcas Deleite e Muu por 670.000 euros na subastilla convocada polo xulgado mercantil de Lugo.

Ao proceso de adxudicación das marcas de Alimentos Lácteos presentaran ofertas a empresa Casa Macán, por un lado, e Leite Noso, por outro. Sobre Leite Noso, adxudicataria final das marcas, existían incógnitas por despexar, pois só trascendera o nome da súa administradora e descoñecíase quen estaba detrás do proxecto. Tras a subastilla, fontes ligadas á sociedade explican o motivo da discreción. Leite Noso está constituida por un grupo de gandeiros que, polo de agora, prefiren manter o anonimato por temor a posibles represalías das industrias que lles están recollendo o leite na actualidade.

A sociedade centrarase na comercialización dun leite de calidade, 100% galego e pagado a prezos sustentables

A empresa iniciou a súa andaina con dous acordos en firme para o suministro e para o envasado do leite. En canto ó suministro de produción, Leite Noso ten un acordo coa organización de produtores (OP) Ulega que lle garante o abastecemento de produto. Ulega é unha das dúas OPs que opera actualmente en Galicia. Está constituída por máis de 2.000 gandeiros e foi impulsada por Unións Agrarias.

Envasado
Para o envasado, Leite Noso traballará a maquila con Logística Alimentaria, propietaria da antiga planta de Alimentos Lácteos en Outeiro de Rei (Lugo). De ser precisa a contratación de persoal para os traballos de maquila, terán prioridade os antigos traballadores de Alimentos Lácteos.

O proxecto centrarase nunha primeira fase no envasado de leite baixo as marcas Deleite e Muuu. O obxectivo inicial sitúase na comercialización en Galicia dun leite de calidade, 100% galego e pagado a prezos sustentables para as explotacións que suministren á marca. Sobre esa base, a empresa traballará en novas liñas de produtos e na ampliación dos volumes procesados. En función dos investimentos que sexan precisos, Leite Noso podería abrirse a aumentar o número de gandeiros que constituiron inicialmente a sociedade.

Una idea sobre “Gandeiros galegos envasarán coas marcas Deleite e Muuu

  1. Jose luis Fernández Souto

    ! Unha forte aperta.! Estou seguro que van chegar a Bon fin as negociacions e aplaudo a idea de retomar a cooperativa de Otero
    Polo menos queda na casa a loita po-los presos ágora xa sabemos a marca do lente a comprar.

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información