8 medallas de ouro para os viños galegos no concurso máis prestixioso do Reino Unido

Publicidade
8 medallas de ouro para os viños galegos no concurso máis prestixioso do Reino Unido

International Wine Challenge (IWC), o certame de viños referente no Reino Unido e un dos máis relevantes a nivel internacional, consolida aos viños galegos como un dos triunfadores da súa última edición. Nada menos que obtiveron 85 distincións, das que 8 son de ouro.

España obtivo 647 medallas e 72 dos seus viños gañaron a medalla de Ouro, 249 medallas de prata e 326 medallas de bronce. Máis do 10% dos galardóns corresponden a viños galegos.

Altos de Toroña, Albariño 2016, o gran triunfador

Das 8 medallas de ouro logradas polos viños galegos 2 corresponderon a Altos de Toroña, Albariño 2016, sen dúbida un dos grandes triunfadores. Os 6 ouros restantes foron para Albariño de Fefiñanes 2015; Liñar de Vides Albariño 2015, de Señorío de Rubiós; Turonia 2015, de Adega Quinta Couselo; Selección de Anada 2008, de Pazo de Señoráns; Paco&Tola 2016, todos eles da Denominación de Orixe Rías Baixas, mentres que Casal de Armán Blanco 2015, de Adega Casal de Armán, na D.O. Ribeiro, alzouse coa oitava medalla de ouro.

Consulta aquí a lista de viños galegos premiados nos International Wine Challenge 2017.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información