7 medallas de ouro para os viños galegos nos International Wine Challenge

Publicidade
7 medallas de ouro para os viños galegos nos International Wine Challenge

A International Wine Challenge (IWC), un dos concursos internacionais de viño máis rigorosos e importantes, consolida aos viños galegos como un dos triunfadores da súa última edición. Nada menos que obtiveron 82 distincións, das que 7 son de ouro. Os premios serán entregados en Londres nunha gala que se celebrará no mes de xullo.

A maior parte dos ouros foron logrados por viños da Denominación de Orixe Rías Baixas. En concreto, foron para Altos de Toroña Rosal 2015, Villarei 2014, Sin Palabras 2014, Pazo Cilleiro 2015 e Follas Novas 2015. A DO Ribeiro logrou unha distinción de ouro para Pazo Casanova 2014, mentres que Ribeira Sacra logrou tamén unha medalla de ouro para Regina Viarum Mencia 2014.

Consulta aquí a lista de viños galegos premiados nos International Wine Challenge 2016.

En total, España logrou este ano cun total de 659 medallas, 63 delas de ouro. Varios centos de xuíces, todos eles profesionais, incluíndo Masters of Wine e Master Sommeliers, pasaron dúas semanas intensivas degustando miles de viños. Este ano catáronse ao redor de 13.000 mostras.

A competición divídese en tres partes. A primeira elimina todos os viños que puntúan por baixo de 85 puntos, mentres que a segunda parte avalía as que merecen ouro, prata ou bronce. E na terceira e última parte os gañadores de medallas de ouro, e os mellores de cada categoría dispútanse a vitoria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información