6.781 euros por un boi en Silleda

6.781 euros por un boi en Silleda

A poxa de vacún maior da Central Agropecuaria de Galicia rexistrou hoxe un récord absoluto no prezo dun exemplar. 

Foi un boi de raza rubia galega procedente dunha gandería da parroquia de Cira, no concello pontevedrés de Silleda. 

O exemplar, que facía os 5 anos para o mes de abril, foi adquirido por Frigoríficos Bandeira S.L en 6.781,5 €. 

Ata o día de hoxe o récord histórico desta categoría na Central situábase nos 6.006 € pagados o 15 de setembro de 2015 por outro boi tamén de raza rubia galega.    

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información