30 ganderías xa amosaron o seu interese en enviar as súas becerras ao Centro de Recría da Deputación de Lugo

30 ganderías xa amosaron o seu interese en enviar as súas becerras ao Centro de Recría da Deputación de Lugo

Rogeio Grille, Darío Campos e José Carlos Vega

A Asociación Provincial de Gandeiros de Lugo para o Control de Rendementos, (Africor Lugo), firmou este venres un convenio de colaboración co Centro de Recría Castro para xuntar esforzos e achegarlle aos gandeiros da provincia toda a información sobre as actividades e servizos do centro.

A sinatura foi formalizada polo presidente de Africor Lugo, José Carlos Vega, e o director do Centro de Recría Castro, Rogelio Grille, nas mesmas instalacións desta finca de recría. Ademais, tamén estivo presente Darío Campos, presidente da Deputación de Lugo, institución titular do centro e que investiu 14 millóns de euros na súa construción.

O centro iniciará a súa actividade a principios do vindeiro ano e Africor Lugo apoia así este proxecto para que os gandeiros da provincia, que teñen dificultades para recriar por falta de tempo, espazo ou persoal, poidan resolver este hándicap da súa produción a través dos seus servizos.

José Carlos Vega apuntou que con este convenio “colaboraremos na divulgación de todas as actividades e servizos de Recría Castro para achegarlle aos gandeiros da provincia toda a información que precisen e que poidan ser eles mesmos os que valoren a conveniencia ou non do envío das súas xatas ao centro”.

30 ganderías de Lugo xa amosaron o seu interese en enviar os seus animais ao Centro de Recría

Pola súa parte, Rogelio Grille anunciou que xa son 30 as ganderías que se amosaron interesadas no envío de animais e que recibirán as primeiras xovencas a mediados do mes de xaneiro. “Para difundir o noso traballo polo sector da provincia pensamos que o mellor aliado sería Africor Lugo e é por este motivo polo que estamos hoxe aquí”, engadiu.

Por último, o presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, amosou a súa satisfacción ante o acordo e destacou que “un dos principais obxectivos deste centro público, pioneiro en Galicia e en España, será axudar aos gandeiros a reducir custos de produción e a paliar un dos seus principais problemas, a falta de man de obra”.

Ambas partes remataron adiantando que o convenio hoxe firmado é un acordo aberto no que as dúas entidades irán incorporando novas propostas e proxectos en común segundo vaian xurdindo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información