16 proxectos optan a ocupar os postos da praza e do mercado de Lugo

16 proxectos optan a ocupar os postos da praza e do mercado de Lugo

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza do Concello de Lugo, Cristina López, acompañada polo tenente de alcalde, Rubén Arroxo

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza do Concello de Lugo, Cristina López, acompañada polo tenente de alcalde, Rubén Arroxo, indicou que a área de Participación continúa a traballar na concesión dos postos baleiros da Praza de Abastos e do Mercado Municipal. “16 ofertas optan a ocupar un total de 27 postos que saíron a concurso durante o ano pasado”, indicou Cristina López.
 
O persoal da área de Participación comeza agora o proceso de revisión da documentación presentada polas persoas solicitantes. “Cando remate o proceso de revisión e baremado das solicitudes, onde se terá en conta a antigüidade dos postos que foran ofertados no 2012, continuaremos co procedemento de adxudicación”, indicou Cristina López, quen indicou que este proceso durará aproximadamente dúas semanas.
 
“Hai corenta anos que non se actualizan as concesións, e temos como obxectivo realizar ofertas de postos baleiros anualmente para revitalizar a praza e o mercado”, declarou Cristina López. “Traballaremos así para favorecer que todas as persoas que queiran emprender teñan a oportunidade de facelo nun emprazamento privilexiado do casco histórico da cidade”, engadiu.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información