15.000 persoas en Santiago e máis de 4.000 en Lugo esixen solucións ao prezo do leite

Multitudinaria manifestación na capital galega para esixir un acordo que garanta un prezo sostible para os gandeiros galegos. A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo ameaza con estender os bloqueos a outras cadenas de distribución e á industria

15.000 persoas en Santiago e máis de 4.000 en Lugo esixen solucións ao prezo do leite

Manifestación de Santiago

Preto de 20.000 persoas manifestáronse este mediodía en Galicia para esixir a Xunta e Goberno Central que medien coa distribución e coa industria para que os gandeiros reciban un prezo sostible polo leite que lles cubra os custos de produción.

A manifestación máis multitudinaria foi a de Santiago de Compostela, que congregou a unhas 15.000 persoas. A marcha saíu pasadas as 12:00 horas da Alameda e percorreu as rúas de Santiago ata chegar á sede da Xunta de Galicia en San Caetano, onde se deu lectura a un manifesto. A esta hora miles de gandeiros permanecen rodeando o recinto ata coñecer os termos do acordo acadado en Madrid.

Tres vacas encabezaban a manifestación e detrás delas un grupo de gandeiros e alcaldes portaban unha pancarta co lema “Nin un paso atrás na defensa dos gandeir@s galeg@s”.

Tanto os representantes da Platafoma como Águeda Capón, unha gandeira de Chantada que leu o manifesto, advertiron que o acordo ten que garantir tres aspectos básicos: unha recuperación do prezo do leite, mecanismos legais e sancións que obriguen a industria e distribución a cumprilo e que a recuperación do prezo do leite sexa efectiva en Galicia a partir do 1 de outubro.

mani_gandeiros_santiago_02_standarEn caso contrario, anunciaron que as mobilizacións se dirixirán contra o resto da gran distribución e contra a industria, con bloqueos das súas plataformas de distribución de mercadorías, como o que xa están a facer en Santiago coa de DIA en Mercagalicia.

Pola noite, ás 22:00 horas celebrarase unha asemblea de gandeiros na Avenida de Lugo.

Mobilización en Lugo

Ao mesmo tempo que a de Santiago discorreu a manifestación de Lugo, que congregou a  máis de 4.000 persoas.

Manifestación de Lugo

Manifestación de Lugo

A marcha transcorreu baixo o lema “A unión fai a forza” e a ela tamén acudiron dous autobuses con gandeiros de León. Unha vez coñecidos os resultados da reunión, os gandeiros celebrarán unha asemblea ás tres da tarde para valorar o acordo.

O voceiro dos gandeiros de Lugo, Roberto López, tamén se referiu á posibilidade de ampliar as protestas á distribución e á industria láctea, pero subliñou que “son opcións que inda estamos barallando”.

DESCARGA AQUÍ O MANIFESTO LIDO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Una idea sobre “15.000 persoas en Santiago e máis de 4.000 en Lugo esixen solucións ao prezo do leite

  1. Belenos

    Se eliminaron las cuotas y aquí cada uno produjo lo que le salio de los cojones, esa es la principal causa del abaratamiento de la leche. Si no te da tu negocio, tendras que dejarlo, porque ya puesto, porque no poner un precio minimo al peixe también? y a la verdura y a la fruta y al pan…
    Trabajadores del campo que se creen empresarios…en fin, es lo que hay en Galicia.
    Asociaos y comercializar la leche vosotros, o da mucho chollo?

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información