Xornadas de portas abertas da Ruta do Viño Monterrei

A Ruta do Viño Monterrei organizará entre os días 1 e 3 de xuño a sétima edición das xornadas de portas abertas, na que participarán seis adegas da denominación de orixe

Publicidade
Publicidade
Xornadas de portas abertas da Ruta do Viño Monterrei

Viñedos dunha das adegas participantes na ruta do Viño Monterrei.

Data inicio: 01/06/2018
Data fin: 03/06/2018
Lugar: Verín, Ourense

A Ruta do Viño Monterrei, en colaboración con Turismo de Galicia, programou unha nova edición de xornada de portas abertas, que se celebrará entre os días 1 e 3 de xuño. No evento participarán seis adegas da denominación de orixe Monterrei: Abeledos, Boo Rivero, Crego e Monaguillo, Gargalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández) e Quinta do Buble. O horario de visitas guiadas será o sábado 2 ás 11.30, 13 e 17 horas e o domingo 3 ás 12 horas. Tanto a visita como a degustación de viño en cada adega será grautita.

A xornada de portas abertas tamén incluirá a celebración dun taller gastronómico, un túnel do viño, unha visita guiada ao castelo de Monterrei e unha ruta por lagares rupestres da comarca.

O programa completo de actividades paralelas, con contactos para solicitar máis información, é o seguinte:

Taller de gastronomía (venres 1, ás 18.30 horas, na praza da Mercé de Verín). Realización dun taller gastronómico gratuíto. Requírese inscrición previa: C.R.D.O. Monterrei (Avda. Luís Espada, 73 baixo // Tf.: 988 590 007 // info@domonterrei.com).

Túnel do Viño (Domingo 3, ás 11.30 horas, no Museo Claustro Mercedario de Verín). Actividade gratuíta organizada pola Ruta do Viño Monterrei ,na que participan as adegas da iniciativa. Máis información: C.R.D.O. Monterrei (Avda. Luís Espada, 73 baixo. 32600 Verín // Tf.: 988 590 007 // info@domonterrei.com).

Ruta por lagares rupestres. Adega-lagar recuperada- Lagar de prensado externo (recreado). O Concello de Oímbra organiza unha ruta gratuíta polos seus lagares, ata hoxe o municipio de Galicia que posúe máis lagares rupestres documentados. A mesma discorre entre os ríos Búbal e Támega. Máis información en: Concello de Oímbra (Avda do Carregal, 3// Tel: 988 426 160 // marisa.oimbra@eidolocal.es

Visita ao Castelo de Monterrei. O Concello de Monterrei organiza visitas gratuítas a unha das fortalezas mellor conservadas de Galicia, declarada Monumento Nacional. O conxunto arquitectónico está conformado polo Palacio das Damas, o Hospital de Peregrinos, a torre da Homenaxe e a igrexa de Santa María de Monterrei (Sábado 2 e domingo 3, de 11 a 14 e de 16.30 a 20.30). Máis información: Oficina de Turismo de Monterrei (Paseo dás Damas s/n. 32618 Monterrei // turismomonterrei@gmail.com).

Punto de información turística sobre Verín e Chaves (Sábado 2, de 10 a 14 e de 17 a 20.30 horas, na Oficina de Turismo de Verín). Entrega de bolsa con material turístico. Máis información en: Oficina de Turismo de Verín (R/ Irmáns La Salle s/n. 32600 – Verín // Tel.: 988 411 614 // turismo@verin.net).

A xornada conta co apoio dos Concellos de Verín, Oímbra e Monterrei. Tamén formarán parte desta xornada restaurantes asociados á ruta (Brasil e Parador de Verín-Monterrei), que ofrecerán un menú especial regado con viños do D.O. Monterrei, cun prezo que oscila entre os 18 e 35 euros. Ademais, realizaranse ofertas especiais nos establecementos O Retiro do Conde e Parador de Verín-Monterrei. As reservas xestiónanse directamente cos establecementos.

Bus do viño
Igual que en edicións anteriores, haberá un bus do viño, cun custo de 5 euros adulto e de 2,50 para menores de ata 13 anos. Na xornada do sábado, haberá saídas desde Santiago, pasando por Ourense e Verín, e desde Vigo, pasando por Ribadavia, Xinzo e Verín. Na xornada do domingo, o autobús sairá desde Ourense.

Toda a información de horarios e lugares de visita e recollida en C.R.D.O. Monterrei (Avda. Luís Espada, 73 baixo. 32600 Verín // Tf.: 988 590 007 // info@domonterrei.com).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información