Xornada técnica sobre vinagres e innovacións na súa elaboración

Publicidade
Data inicio: 21/10/2019
Data fin: 22/10/2019
Lugar: Fundación Comarcal de Ribadavia

A Estación de Viticultura e Enoloxia de Galicia (EVEGA), centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza os dias 21 e 22 de outubro dúas actividades que xiran ao redor do mundo dos vinagres, un producto que se está a revalorizar nos últimos anos.

En ambas as dúas actividades colaboran a Fundación Juana de Vega, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro e a Asociación Vinavin.

Taller práctica sobre novos procesos de recoñecemento dos atributos dos vinagres

A primeira xornada celebrarase o 21 de outubro, luns, pola tarde. Será un taller práctico sobre “Novos procesos de recoñecemento dos atributos dos vinagres”. Esta actividade desenvolverase no Salón de actos da Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) (Leiro – Ourense).

As prazas dispoñibles son 25. O prazo de inscrición rematará o día 18 de outubro agás que se esgoten antes as prazas.

vinagres programa 1

Podes descargar aquí o programa e a folla de solicitude na seguinte ligazón: https://evega.xunta.gal/gl/actualidade/taller-practico-novos-procesos-de-reconecemento-dos-atributos-dos-vinagres

Xornada técnica sobre “A elaboración de vinagres. Innovacións en Galicia”

Ao día seguinte, martes 22 de outubro, celebrarase a xornada técnica sobre “A elaboración de vinagres. Innovacións en Galicia”. Esta actividade desenvolverase no Salón de Actos do Edificio da Fundación Comarcal de Ribadavia (Extensión Agraria) sita na Avda. Redondela nº 3, 3º andar (Ribadavia – Ourense) en xornada de mañá.

As prazas dispoñibles son 75. O prazo de inscrición rematará o día 18 de outubro, agás que se esgoten antes as prazas.

vinagres programa 2

Podes descargar aquí o programa e a folla de solicitude na segunite ligazón:
https://evega.xunta.gal/gl/actualidade/xornada-tecnica-elaboracion-de-vinagres-innovacions-en-galicia

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información