Xornada sobre o uso sostible de produtos fitosanitarios na viña

Publicidade
Publicidade
Xornada sobre o uso sostible de produtos fitosanitarios na viña
Data inicio: 21/11/2019
Data fin: 21/11/2019
Lugar: Av. de María Victoria Moreno, 43, 36003, Pontevedra, España

O Servizo de Explotacións Agrarias organiza unha xornada técnica sobre o uso sustentable de produtos fitosanitarios na viña. O obxectivo da sesión é amosar a problemática dun uso irracional destes produtos empregados na viticultura e das consecuencias que teñen tanto para o medio como para a elaboración do viño.

A xornada celébrase o próximo día 21 de novembro no Edificio Administrativo da Xunta en Pontevedra. A actividade está dirixida ás persoas que desenvolven o seu traballo no sector vitivinícola. Nela abordaranse temas como o uso do sulfato de cobre, a presenza de residuos fitosanitarios no viño ou o desenvolvemento de aplicacións orientadas a facilitar información sobre estes tratamentos no viñedo.

A inscrición é obrigatoria e gratuíta mediante a solicitude que poderá descargarse neste enlace e que deberá enviarse á dirección de correo electrónico: explotacionsagrarias.cmr.pontevedra@xunta.gal. Os interesados poden solicitar máis información no teléfono 886 206 586 e consultar aquí o cartel da xornada.

Detallamos o programa da xornada:

9.00 horas. Rexistro de asistencia.

9.30 horas. Acto de apertura.

9.45 horas. Antecedentes e evolución do emprego de fitosanitarios nos viñedos: desenvolvemento agrícola vs. contaminación ambiental. Raquel Chaves, doutora en Medio Ambiente e Recursos Naturais pola Universidade de Santiago de Compostela.

10.45 horas. O uso do cobre nos viñedos: potenciais perigos e a súa relación co manexo do solo. David Fernández, departamento de Bioloxía Vexetal e Ciencia do Solo da Universidade de Vigo.

11.30 horas. Regulamentos 1107/2009. Aprobación de materias activas na Unión Europea. José Luis Alonso, director da Unidade de Produtos Fitosanitarios. INIA.

12.15 horas. Descanso – café.

12.45 horas. Influencia de formulacións comerciais na composición aromática dos viños. Beatriz Cancho do departamento de Química Analítica e Alimentaria da Universidade de Vigo.

13.30 horas. Residuos de fitosanitarios en viños e solos de viñedos. Estudo analítico. Isaac Rodríguez, departamento de Química Analítica da Universidade de Santiago de Compostela.

14.15 horas. Fin da xornada da mañá.

16.00 horas. Exposición laboral durante a realización de actividades en viñas tratadas con produtos fitosanitarios. Francisco Días do Centro Nacional de Medios de Protección (Cnmp). INSST.

16.45 horas. AppFitovit. Proxecto piloto de desenvolvemento dunha App para o servizo de información fitosanitaria do viñedo galego. Juan Carlos Vázquez da Estación Experimental de Viticultura e Enoloxía de Ribadumia (Agacal – Evega).

17.30 horas. Clausura da xornada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información