Xornada sobre novas tecnoloxías en viticultura

Publicidade
Publicidade
Xornada sobre novas tecnoloxías en viticultura
Data inicio: 01/07/2019
Data fin: 01/07/2019
Lugar: Bodegas Martín Códax, Burgáns, Vilariño, Cambados, Pontevedra, España

O CETAL, en colaboración coa entidade financeira ABANCA, continúa coa realización do ciclo de Xornadas Agroalimentarias que se puxo en marcha o pasado mes de abril coa xornada sobre Novas Tecnoloxías na Sementeira de Millo Forraxeiro.

A segunda, titulada “Novas Tecnoloxías en Viticultura”, terá lugar o próximo 1 de xullo nas instalacións do viñedo experimental Pé Redondo que a adega Martín Códax posúe no concello de Meis (Pontevedra).

Para a organización da demostración en campo, o CETAL conta coa colaboración de ABANCA e as adegas Martín Códax.

A xornada dará comezo ás 11:30 da mañá coa conferencia do director técnico das adegas Martín Códax, Miguel Tubío. A obtención de información con drons e teledetección para a xestión do viñedo e a recolección será a primeira das temáticas innovadoras que se abordarán no programa. A experiencia de Martín Códax con estas novas tecnoloxías nos últimos anos utilizarase para falar das vantaxes que trasladan á posterior elaboración e comercialización dos viños.

A continuación, o profesor da Universidade Politécnica de Valencia e director do seu Laboratorio de Robótica Agrícola, Francisco Rovira, presentará o último prototipo do robot desenvolvido co proxecto europeo VineScout, no que tamén participan a universidade da Rioxa, a adega portuguesa Symington, a empresa francesa Wall-Yey e a compañía británica Sundance Multiprocessor Technology.

Último prototipo dun robot autónomo para coñecer as carencias do viñedo

Levan traballando seis anos nun robot autónomo pensado para viticultura do que presentarán o seu último prototipo deseñado. O robot vai dotado de GPS para obter mapas de alta resolución do cultivo, permite coñecer como están a medrar as viñas, mide a temperatura das follas e o vigor das plantas, detectando as zonas que están estresadas e facilitando, así, a toma de decisións en canto a rega.

Tras as dúas conferencias realizaranse demostracións de campo da obtención de información con drons e co robot VineScout. Estas novas tecnoloxías permiten obter información precisa de parámetros do cultivo que serven para mellorar a toma de decisións tanto para a produción da uva como para a elaboración e posterior comercialización dos viños.

A asistencia á xornada é gratuíta pero, dado que o aforamento é limitado, requírese inscrición previa enviando un correo electrónico a jornadas@cetal.es. No correo indicarase o nome completo e a entidade/organización/empresa á que pertence. Desde o CETAL confirmarase a realización da inscrición por correo electrónico. A inscrición estará aberta até o día 28 de xuño ás 14:00 horas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información