Xornada sobre elaboración dun plan de empresa para adegas

Publicidade
Data inicio: 04/11/2019
Data fin: 04/11/2019
Lugar: Museo do Viño de Galicia, Lugar Camporredondo, Campo Redondo, España

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza o vindeiro 4 de novembro un taller práctico sobre “AS FERRAMENTAS DE INNOVACIÓN NAS EMPRESAS VITIVINÍCOLA E ENOTURÍSTICA. ELABORACIÓN DUN PLAN DE EMPRESA”

Esta actividade desenvolverase no Museo do Viño de Galicia, en xornada de mañá. No mesmo colaboran o Museo do viño de Galicia, a Ruta do Viño do Ribeiro, a Fundación Juana de Vega e a Axencia Galega de Innovación.

As prazas dispoñibles son 20. O prazo de inscrición rematará o día 31 de outubro agás que se esgoten antes as prazas.

Velaquí o programa:

programa evega plan de empresa

Pode descargar aquí o programa completo e a folla de solicitude: https://evega.xunta.gal/gl/actualidade/taller-practico-ferramentas-de-innovacion-nas-empresas-vitivinicolas-e-enoturisticas

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información