Xornada sobre alternativas ao uso de herbicidas en viñedo

Publicidade
Publicidade
Data inicio: 03/05/2019
Data fin: 03/05/2019
Lugar: Concello de Monterrei, Rúa Fontiñas, Albarellos, España

A Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA), centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), organiza o vindeiro 3 de maio, unhas xornadas sobre “Mantenemento do solo do viñedo: alternativas ao uso de herbicidas”.

A xornada, de carácter gratuíto, terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura de Albarellos (Monterrei – Ourense) en horario de mañá e conta coa colaboración do Concello de Monterrei, a Fundación Juana de Vega e o CRDO Monterrei.

Dende os anos 60 o control das malas herbas en viñedo realízase en boa medida a través de herbicidas, que se ben reducen os custes de produción sen embargo crean problemas medioambientais. Neste sentido, unha das alternativas que se presentan é a utilización de cubertas vexetais, que requiren un manexo específico adaptado ás características de cada solo.

Neste sentido, diversos expertos explicarán nesta xornada cales son as cubertas vexetais máis axeitadas para cada viñedo e como o manexo do solo incide na calidade da uva.

Velaquí o programa:

programa_evega_herbicidas

O prazo de inscrición rematará o día 2 de maio.

Podes descargar aquí o programa e a folla de solicitude.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información