Verín celebra dende este venres a XIV Feira do Viño de Monterrei

Nesta edición participarán 17 adegas da DO nas que degustar os seus viños. Nos tres días de actos haberá actuacións musicais de grupos como El Consorcio, Remember Queen, En Mala Hora ou Leilía

Publicidade
Publicidade
Verín celebra dende este venres a XIV Feira do Viño de Monterrei

Presentación da XIV Feira do Viño de Monterrei, en días pasados.

Data inicio: 09/08/2019
Data fin: 11/08/2019
Lugar: Praza da Alameda, Verín, España

A localidade de Verín (Ourense) acolle dende mañá, día 9, e ata o domingo 11 a XIV Feira do Viño de Monterrei. Nesta edición contará coa participación de 17 das 26 adegas que conforman a Denominación de Orixe de Monterrei, unha máis que as participantes no 2018.

As casetas das adegas estarán situadas na praza da Alameda e tamén contarán con postos gastronómicos con produtos da zona. O horario de apertura das casetas será o seguinte: venres 9 de 20.00 a 23.00 horas. O sábado abrirá de 11.30 a 14.00 horas e de 20.00 a 01.00 horas. O domingo permanecerán abertas de 11.30 a 14.00 horas de novo e, xa pola tarde, de 19.00 a 23.30 horas. Os prezos tamén se manterán con respecto aos anos anteriores: 5 degustacións por 5 euros e unha copa personalizada da DO por 2 euros.

Nesta edición participarán as seguintes adegas: Abeledos, Crego e Monaguillo, Fragas do Lecer (Boo Rivero), Daniel Fernández, Franco Basalo, Gargalo, Ladairo, Tapias Mariñán (Pazo Branco Núñez), Pazo de Valdeconde, Pazo das Tapias, Quinta do Buble, Quinta Soutullo (Fausto Rivero),Terras do Cigarrón,Trasdovento, Triay, Valderello, Vía Arxéntea.

Programa de actos

A continuación detallamos o programa de actos previstos para estas tres xornadas de actos arredor do viño de Monterrei:

Venres 9 de agosto

Alameda de Verín

20:00 horas. Apertura do recinto feiral.
Actuación da Banda de Gaitas do Concello de Verín
Lectura do pregón a cargo do actor e director Rubén Riós.
Intervención de autoridades
Percorrido polos diferentes postos.

23:00 horas. Peche do recinto feiral

Praza de García Barbón

00:00 horas. Actuación de El Consorcio

Sábado 10 de agosto

Alameda de Verín

11:30 a 14:00 horas. Apertura dos postos no recinto feiral

20:00 a 01:00 horas. Apertura dos postos no recinto feiral

Praza de García Barbón

23:00 horas. Concerto Remember Queen
01:30 horas a peche. Concerto do grupo En Mala Hora

Domingo 11 de agosto

Alameda de Verín

11:30 a 14:00 horas. Apertura dos postos do recinto feiral
20:00 a 23:30 horas. Apertura dos postos do recinto feiral

Praza de García Barbón

21:30 horas. Concerto de Leilía.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información