Valdeorras solicita axudas de Medio Rural para os viñedos con mildeu

O Consello Regulador da Denominación de Orixe acorda solicitar apoios da Xunta, en vista das perdas por enfermidades que están a sufrir boa parte dos viticultores

Publicidade
Valdeorras solicita axudas de Medio Rural para os viñedos con mildeu

Pleno do consello regulador de Valdeorras.

O pleno do Consello Regulador de Valdeorras decidiu por unanimidade solicitar axudas da Consellería do Medio Rural para os viticultores afectados por mildeu e outras enfermidades fúnxicas. Desde a denominación de orixe propóñense apoios para aqueles viticultores que demostren unha reducción nos quilos recollidos en relación á media dos tres anos anteriores.

Esta campaña, o Sindicato Labrego xa advertira de que o mildeu provocaría perdas nos viñedos que estimou en máis dun 30% da colleita. A organización agraria tamén destacara que as enfermidades fúnxicas en viñedo non teñen cobertura dos seguros agrarios en Galicia, “a diferenza do que sucede noutras comunidades autónomas”.

Traballos preparatorios da vendima
O consello regulador de Valdeorras decidiu tamén na súa reunión de onte comezar cos traballos preparatorios para a vendima 2018. Igual que o pasado ano, os veedores para a vendima contrataranse a través da empresa Ader.

Verificación da aptitude dos viños
Finalmente, tamén se acordou que para non interferir cos traballos da vendima, as verificacións da aptitude dos viños por parte do consello regulador paralizaranse do 12 de setembro ó 17 de outubro. As adegas interesadas teñen, por tanto, 15 días para someter as súas partidas a valoración antes de que se paralicen as catas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información