Valdeorras seduce cos seus viños en Londres

Publicidade
Valdeorras seduce cos seus viños en Londres

Un ano máis, o Consello Regulador da D.O. Valdeorras divulga a potencialidade dos viños do territorio amparado coa habilitación dun espazo expositor propio na prestixiosa feira sectorial London Wine Fair.

Un total de 14 adegas valdeorresas participan neste foro especializado que se celebra ata mañá na capital británica: Adega A Coroa S.A.T., Adega Avelina S.A.T., Adega da Pinguela S.L., Adega Melillas e Fillos S.L., Adega O Casal S.A.T, Adega Quinta da Peza S.L., Bodegas Godeval S.L., Joaquín Rebolledo S.A., Bodegas Roandi S.L., Sampayolo S.L., Santa Marta S.A.T., Guitián y Blanco S.C., Viña Valdeiga e Terriña S.L.

Segundo o presidente do Consello Regulador, José Luis García Pando, “participar neste foro, un dos máis relevantes de Europa para o sector vitivinícola, permitirá aos adegueiros valdeorreses seguir fortalecendo a súa presenza no mercado británico”.

Neste sentido, destacou que “o Reino Unido é un dos mercados exteriores aos que máis viños se exporta desde Valdeorras”.

Os tintos, cada vez máis coñecidos

García Pando quixo resaltar tamén “o elevado número de visitantes” que recibiron os stands habilitados polo Consello Regulador nos últimos actos promocionais desenvolvidos tanto no territorio do Estado español coma en foros internacionais, “sinal de que os nosos viños son cada vez máis coñecidos, unha transcendencia que engloba non só aos ben posicionados godellos, senón que se amplía cada vez máis aos tintos da zona”, asegurou.

image_print

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información