A DO. Valdeorras participa por primeira vez no prestixioso salón VinExpo de Bordeus

Publicidade
A DO. Valdeorras participa por primeira vez no prestixioso salón VinExpo de Bordeus

José Luis García Pando, presidente do Consello Regulador, en VinExpo

Un total de 14 adegas con 28 marcas de viño do territorio amparado de Valdeorras teñen presenza nestes días no espazo expositor que o Consello Regulador activou no prestixioso salón Vinexpo de Bordeus.

“Trátase da primeira vez que os nosos viños participan neste foro”, destaca José Luis García Pando, presidente do Consello Regulador, quen salienta tamén “o poderoso escaparate promocional que este salón representa para os brancos e tintos valdeorreses, posto que nos seus 70.000 metros cadrados de exposición participarán máis de 1.600 empresas e organizacións do mercado do viño e dos licores, de 29 países diferentes”.

Pendente sempre dos retos aos que se enfronte o ámbito vinícola, o salón Vinexpo de Bordeus reunirá tamén a economistas, investigadores e produtores para pór o foco, en modo de conferencias específicas, sobre tres puntos destacados: o impacto do cambio climático nos viñedos de todo o mundo, o funcionamento das adegas e o proceso de elaboración do viño e, por último, a economía do viño.

Adegas participantes

Na caseta do C.R.D.O. Valdeorras en Vinexpo teñen presenza 14 adegas da comarca: A Coroa; Terriña S.L.; Guitián y Blanco S.C; Sampayolo S.L; O Luar do Sil S.L; Avelina S.A.T; Adega da Pinguela; Adega Melillas e Fillos; Joaquín Rebolledo S.A.; Quinta da Peza S.L.; Santa Marta S.A.T., Alán S.A.T; Bodegas Godeval S.L. e O Casal S.A.T.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información