Valdeorras amplía o horario de entrega da uva nesta vendima para certos casos

Publicidade
Valdeorras amplía o horario de entrega da uva nesta vendima para certos casos

Vendima de uva godello en Valdeorras.

O Pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, reunido esta mércores en Vilamartín de Valdeorras, fixou as normas para a vindeira campaña de vendima no territorio amparado valdeorrés. Na xuntanza, aprobáronse as regras para explotadores, bodegas e vedores. Como principal novidade, acordouse ampliar máis alá das 22.00 horas os horarios de entrega de produción en determinados casos, sempre e cando as bodegas xustifiquen axeitadamente o atraso.

O Pleno tamén acordou contratar os vedores da vendima a través da empresa Ader, unha firma de traballo temporal coa que o Consello Regulador leva anos traballando. Xunto a isto e ante os cambios nos rendementos da produción, o Pleno decidiu instar aos viticultores que teñan dúbidas ao respecto a pasar pola sede do Consello Regulador para actualizar as súas tarxetas de vendima e adaptalas aos parámetros fixados.

Paralización das verificacións de aptitude dos viños

Finalmente, como en anos anteriores, o Pleno do Consello Regulador aprobou paralizar as verificacións de aptitude das partidas de viños. É dicir, para non interferir coa vendima, paralízase entre o 13 de setembro e o 18 de outubro o traballo ordinario de catas que se vén desenvolvendo periodicamente nas instalacións do Consello. Polo tanto, as bodegas interesadas teñen agora catro semanas por diante para poder verificar a aptitude das súas partidas antes de que se paralicen temporalmente as catas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información